Acta de constitución da entidade "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós" do día 01/04/1913 (2 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.
Folleto publicado polo Centro Gallego de Buenos Aires co "Mensaje de los emigrantes en América sobre el desarrollo económico de Galicia" de maio de 1965
Carta do Presidente de "Lar Gallego de Pamplona", Rogelio Díaz Fernández, dirixida ao Director de Radio Galicia en xullo de 1996, para enviarlle o número vixente da revista que editan e convidarlle ao actos organizados con motivo da festividade de Santiago Apóstol, conservada en formato papel.
Estatutos do "Centro Galicia en Ponferrada" (15 páxinas), redactados de conformidade co establecido na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 15 de xullo de 1992, conservados en formato papel.
Carta enviada polo Presidente da "Casa de Galicia en León", Constantino Fernández Vázquez, ao Director da Radio Televisión Galega, o día 11 de setembro de 1989, para facerlle chegar dous exemplares do folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española, conservada en formato papel.
Folleto coas bases do VI concurso de relatos en lingua galega e española organizado pola "Casa de Galicia en León" coa colaboración da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, conservado en formato papel.