Esta publicación societaria ten como obxectivo, segundo o editorial do seu primeiro número, «(...) difundir las actividades internas y estrechar los lazos de unión de la gran familia que es nuestra querida Hermandad». A revista informa das actividades culturais e sociais desenvolvidas pola sociedade, a súa organización e composición (directivas, comités, funcións, etc.), e outros aspectos de interese para os socios.
Xornal da Secretaría de Relacións Públicas da "Hermandad Gallega de Venezuela" que comeza a súa andadura en setembro de 2007 como voceiro da Xunta Directiva.
Esta publicación está editada pola sociedade Fillos da Provincia de Lugo, integrada por socios da Hermandad Gallega de Venezuela, naturais da provincia galega. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia da provincia.
Esta publicación societaria editouse para homenaxear á banda de gaitas da sociedade Xuntanza Fillos de Ourense en Venezuela. Fan un percorrido polos membros do grupo folclórico galego e pola súa andaina artística, facendo un especial fincapé pola súa visita a Galicia no ano 2000 con motivo do Campionato Liga Galega de Bandas de Gaitas. Destacan sobre todo a súa visita a numerosos concellos ourensáns nos que actuaron para os seus paisanos; así como a súa participación na toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia de Manuel Fraga.