Showing 262 results

Archival description
América do Sur Subseries
Print preview View:

3 results with digital objects Show results with digital objects

Agarimo

Esta revista foi editada por un grupo de simpatizantes da sociedade Hogar Gallego para Ancianos co fin de apoiar e divulgar o seu labor asistencial en pro da colectividade galega da terceira idade. A maior parte dos artigos son colaboracións, principalmente literarias, con referencias a personalidades galegas ou ao papel dos galegos en América. Neste número que conservamos aparece o relatorio presentado no I Congreso da Emigración Galega sobre a ancianidade e unha ampla información sobre a entidade.

Número fotocopiado:

1957: n. 1

Hogar gallego para ancianos

Hogar Gallego para Ancianos

Esta revista anual recolle a memoria social da institucción. Cada cinco anos e con motivo do seu aniversario editan un número extraordinario no que informan das actividades da entidade desde a súa fundación e resaltan o papel social do mesmo. Inclúe diversas colaboracións nas que se anima a traballar coa institución, ademais de artigos sobre Galicia e a súa cultura.

Números conservados en papel:

1988: 45º aniversario (80 páxinas)
1993: 50º aniversario (128 páxinas)
2003: 60º aniversario (53 páxinas)
2004: 61º aniversario (22 páxinas)
2006 (14 páxinas)

Hogar gallego para ancianos

Domselaar : Revista del Hogar Gallego para Ancianos

Revista societaria na que informan aos socios das actividades polo 59º aniversario fundacional e das visitas de políticos galegos ás súas instalacións. As páxinas centrais están dedicadas á residencia para a terceira idade que mantén a sociedade, cos servizos e instalacións que posúen. Teñen tamén un pequeno apartado cultural cunhas páxinas dedicadas a Fray Martín Sarmiento e algúns poemas

Número conservado en papel:

2002: diciembre

Hogar gallego para ancianos

Irmáns : Boletín de la Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina

Este boletín societario foi creado no ano 1990 para difundir os propósitos da sociedade editora, a súa declaración de principios, actividades, etc. Tamén inclúe algún breve artigo sobre o Día das Letras Galegas, a cultura galega e personalidades galegas.

Números conservados en papel:

1990: n. 0 (8 páxinas)
1996: n. 6 (15 páxinas)
1998: n. 7 (7 páxinas)
2000: n. 8 (14 páxinas)
2002: xuño (34 páxinas)
2006 (38 páxinas)

Revista Xuve-Breogán

Publicación editada polo grupo xuvenil da Agrupación Breogán do Centro Gallego, que pretende achegar a cultura galega á segunda xeración de emigrantes. A súa temática é moi variada, pero todos os artigos teñen como eixe común a Galicia, abordando aspectos como a lingua, a heráldica, rutas turísticas, etc. Nun segundo lugar aparecen informacións relacionadas coa Agrupación Breogán e o Centro Gallego. Complétase a publicación con páxinas de pasatempos, críticas cinematográficas e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

1991: n. 1, 3
1992: n. 4

Agrupación argentino-gallega pro-Centro Gallego, grupo juvenil

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Esta publicación foi editada pola Federación de Sociedades Españolas de Buenos Aires con motivo da celebración do cincocentos aniversario do descubrimento de América. Ademais de artigos sobre esta data e a presenza española no continente americano, a maior parte da revista céntrase nas memorias históricas das sociedades españolas que integran a federación, así como as actividades e directivas coas que contan nese momento.

Número publicado polo 5º centenario do Descubrimento de América:

1992 (150 páxinas)

Federación de sociedades españolas de Buenos Aires

Lume novo

Esta publicación podemos englobala na chamada prensa cultural, que pretende achegar o lector ao mundo da lingua e da cultura galegas a través da exposición de traballos de diversa índole, centrados primordialmente na literatura, polo que inclúe relatos, poesía, notas sobre escritores galegos. A partir do número 14 tamén se publican traballos sobre folclore, medicina popular, etc.

Números conservados en papel:

1969: n. 1-8
1970: n. 9-14
1971: n. 15-22
1972: n. 23-26

Lume novo

Coro Galego Brétemas e Raiolas : No seu 5º ano de eisistencia

Esta publicación cultural está editada con motivo do quinto aniversario do Coro Galego Brétemas e Raiolas. Contén colaboracións literarias e traballos sobre diversos aspectos da cultura galega, especialmente sobre a música e os coros e inclúe artigos nos que se fan varios chamamentos á mocidade emigrante para que non esqueza as súas orixes e participe nas actividades da colectividade. A revista complétase cunha breve descrición da historia do Coro e doutras institucións culturais galegas e un programa dos actos que van ser celebrados.

Número conservado en papel:

1958: n. único (5º aniversario da institución)

Coro galego Brétemas e Raiolas

Results 21 to 40 of 262