Amosando 787 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unidade documental simple
Previsualización da impresión Ver:

50 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Estatutos de la Federación de Sociedades Gallegas

Na "Carta orgánica" da "Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" a Federación presenta un preámbulo, unha declaración de principios, o programa de acción e os estatutos federais do ano 1939.

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Estatutos de la Federación de Sociedades Gallegas

Na "Carta orgánica de la Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina" a Federación presenta unha declaración de principios, o programa de acción e os estatutos aprobados na asamblea do día 14 de marzo de 1975.

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Carta de Manuel Gómez y Gómez

O director da escuela da Carballeira, Manuel Gómez y Gómez, envía unha carta ao director do periódico "Opinión Gallega", Valeriano Saco, para remitirlle unha cuartilla sobre Nogueira de Ramuín e pedirlle a súa colaboración na constitución dunha bolsa de estudos.

1 carta (fotocopia)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Carta dirixida a María José Rodríguez Galdo

Pablo Fernández, Secretario, e Leonardo Varela, Presidente, da Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina, envían unha carta o 01 de novembro de 1996 á Directora do Consello da Cultura Galega, María José Rodríguez Galdo, facéndolle chegar un exemplar fotocopiado da acta de constitución da xunta executiva.

1 carta (orixinal)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Carta orgánica

A federación publica un folleto titulado "Carta orgánica" que contén: declaración de principios, plan de acción e estatutos aprobados en congreso constituínte do 6/03/1937

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Campaña pro-pileta federal

A federación distribúe un modelo de planilla titulado: "Campaña pro-pileta federal en Punta Chica"

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Folleto 52º aniversario

A federación publica un folleto polo seu 52º aniversario "Banquete Federal"

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Banquete federal

A federación publica un folleto titulado: "Banquete federal"

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Manifesto

Manifesto apoiando o plebiscito do ano 1936 a prol da Autonomía Galega

Conxunto artístico galego Breogán

Convite a acto

Convite ao acto do 17 de maio, en conmemoración do Día das Letras Galegas, no Centro Ourensán de Bos Aires.

Conxunto artístico galego Breogán

Folleto sobre Castelao

Folleto "Castelao : más que un ilustre gallego un gallego que ilustró al mundo" publicado pola Comisión Intersocietaria de Entidades Gallegas (xaneiro 1992)

Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas

Folleto sobre as Xornadas Patrióticas Galegas

Fotocopias da comunicación presentada ás Xornadas Patrióticas Galegas, editadas pola Comisión Intersocietaria de Sociedades Galegas de Buenos Aires en 1952.

Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas

Folleto sobre Fermín Bouza-Brey

Folleto "Homaxe a Fermín Bouza Brey : día das letras galegas 1992" publicado pola Comisión Intersocietaria de Entidades Gallegas (1992)

Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas

Resultados 41 a 60 de 787