Este fondo contén a seguinte documentación (conservada en formato microfilme e dixital): LIBROS DE REXISTRO DE SOCIOS (1914, 1914-1921, 1922) LIBRO DE ACTAS. Reunións das Comisións Directivas (1934-1937) LIBRO DE ACTAS. Reunións das Asembleas de socios (1934-37)
Sociedad de Socorros Mutuos Hijos del Partido de Villalba
Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva e das Asembleas de Socios da sociedade "Centro Villalbés - Cospeito" de 1938-1945 (193 páxinas), conservado en formato microfilme e dixital.
Regulamento xeral da "Sociedad de Beneficencia, Recreo y Socorros Mutuos Unión Villalbesa y su Comarca" aprobado o 15/09/1936 (29 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
O Secretario da Asociación envía unha carta a Eduardo Blanco-Amor o día 22 de maio de 1927 en contestación á recibida o día 8 explicándolle as condiciones que deben darse para que se podan levar a cabo as súas peticións e desestimando a súa renuncia como socio.
1 carta manuscrita (copia)
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
O Secretario da Asociación envía unha carta a Eduardo Blanco-Amor o día 24 de maio de 1927 para notificarlle a decisión que se tomou en Asamblea Xeral do día 16 de abril de dar un voto de censura.
1 carta manuscrita (copia)
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
Eduardo Blanco-Amor envía unha carta ao Secretario Xeral da "Unión Provincial Orensana" dándolle conta da súa estadía en Ourense e a súa visita á "Escuela Laica Neutral" da cidade.
1 carta (fotocopia)
Federación de sociedades gallegas de la república Argentina
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1945-1950) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1950-1953) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1953-1957) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1957-1959) Libro de Actas das reunións das Asembleas de Socios (1945-1956) Libro de Actas das reunións das Asembleas de Socios (1956-1960)
Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.
Certificado de autenticación de Luis Veiga Rodríguez como Presidente do Centro Benéfico-Social "Hijos de La Estrada"para o período 1986-1988, conservado en formato papel (fotocopias).
Ponencia que o "Centro Benéfico Social Fillos da Estrada" propón para o Consello de Comunidades Galegas a celebrar en Galicia en outubro de 1986, conservada en formato papel (fotocopias):
Documento mecanoscrito en papel timbrado e selado (8 páxinas)
Cartaz das actividades organizadas polo Centro Benéfico Social "Hijos de La Estrada" con motivo das Festas do seu Patrono, San Paio, do 28/06 ao 03/07 de 1994 (476 x 310 mm), conservado en formato papel.