Este boletín foi creado pola Agrupación Galaica, o sector máis nacionalista dentro dos diversos grupos que integran a Hermandad Gallega de Venezuela, para informar sobre as actividades, programas e opinións deste grupo. Complementa esta información con diversas achegas sobre a cultura galega, principalmente notas biográficas de galegos ilustres.
Boletín da Secretaría de Relacións Públicas da "Hermandad Gallega de Venezuela". Consta de dúas follas con fotografías dos diversos eventos e actividades que organiza a entidade durante a semana e que tamén se pode consultar na web da entidade galego-venezolana. A partir de xuño do ano 2005 pasa a titularse "Somos Hermandad: Publicación de la Secretaría de Relaciones Públicas de la Hermandad Gallega de Venezuela".
Números conservados en formato papel:
Tips H.G.:
2005: n. 246-253, 255-258
Somos Hermandad:
2005: n. 264-265, 267-272 2008: n. 430-431 2009: n. 467 2010: n. 480-522
Xornal da Secretaría de Relacións Públicas da "Hermandad Gallega de Venezuela" que comeza a súa andadura en setembro de 2007 como voceiro da Xunta Directiva.
Boletín Informativo que a Secretaría de Cultura da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE) comeza a publicar en xaneiro de 1986, dirixida a todos os centros españois de Venezuela como "medio eficaz de conocernos más, de valorarnos más, de entendernos más y de querernos más".
Esta publicación está editada pola sociedade Fillos da Provincia de Lugo, integrada por socios da Hermandad Gallega de Venezuela, naturais da provincia galega. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia da provincia.