Amosando 5662 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

77 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Bolboreta : revista informativa

Esta revista está dirixida aos emigrantes galegos e socios que residen no Principado de Andorra. Comezou a editarse en 1999 coa pretensión de mantelos informados das actividades e noticias sobre a actualidade en Galicia. Ofrecen artigos sobre a literatura galega, sobre persoeiros históricos ou sobre a historia dun concello galego. Teñen seccións fixas de humor, cociña galega, pasatempos, entrevistas e cartas e escritos dos socios.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 1-3
2000: n. 4-6
2001: n. 7-8
2002: n. 9

Asociación Cultural Casa de Galicia

Resultados 21 a 40 de 5662