Enquisa "Censo Cultural" relativa e medios de comunicación, cuberta pola sociedade "Promoción de la Cultura Gallega" a iniciativa do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Modelo de carné do Grupo de gaitas e danzas "Retrincos" da sociedade Promoción da Cultura Galega de Zürich, co emblema societario, conservado en formato papel.
Carta enviada polo Consello da Cultura Galega á Sociedade "A Nosa Galiza", solicitando a súa axuda na elaboración dun censo cultural de sociedades galegas, conservada en formato papel.
Carta enviada aos centros galegos na Suiza pola Irmandade Galega na Suiza, na que indican os puntos tocados na ponencia celebrada no 2º congreso da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS) o 03/04/1982, conservada en formato papel.
Cartaz da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega O Pote Zurich e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.
Manifesto do Comité da sociedade Galicia Hoxe manifestando o seu rexeitamento ás trabas impostas á participación dos emigrantes galegos en Suiza no referendum sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia do 21 de decembro, conservado en formato papel.
Cartaz da conferencia-debate de Margarita Ledo Andión, Directora de A Nosa Terra, titulada "Galicia ante el Estatuto", organizada coa colaboración de Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservado en formato papel.
Calendario galego do ano 1981 editado pola asociación Galiza Hoxe, con ilustracións de Castelao e referencia a acontecementos políticos relativos a persoeiros galegos, conservado en formato papel.
Poemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel. Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".
Carta enviada o 26/11/1980 por Carlos Xohan Díaz, da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, á Presidencia do Congreso da fundación da FSGS, coa proposta de modificacións do borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), conservada en formato papel.