Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:
Contrato de arrendamento dun pazo para establecer escolas públicas e vivendas para mestres (fotocopias) (1933) Folleto "Gran Festival Artístico y Danzante en honor de las familias y amistades de los señores consocios y Pro Quinta Social… el 17 de junio de 1939..." (fotocopias) Folleto “Extraordinario Festival Artístico y Danzante : celebrando el XX aniversario de la Institución y en honor de sus asociados : sábado 8 de junio de 1940...” (fotocopias) Memoria e balance dos anos 1939-1940 publicadas con ocasión do 20º aniversario da sociedade (fotocopias)
Contrato de arrendamento dun pazo entre o Concello de Salceda de Caselas e representantes da "Sociedad de Fomento y Educación Hijos de Entienza" do día 30/03/1933 para establecer escolas públicas e vivendas para mestres.
Folleto "Gran Festival Artístico y Danzante en honor de las familias y amistades de los señores consocios y Pro Quinta Social… el 17 de junio de 1939..." publicado pola "Sociedad de Fomento y Educación Hijos de Entienza" no seu 19º aniversario.
Folleto “Extraordinario Festival Artístico y Danzante : celebrando el XX aniversario de la Institución y en honor de sus asociados : sábado 8 de junio de 1940...” publicado pola "Sociedad de Fomento y Educación Hijos de Entienza" no seu 20º aniversario.
Prensa societaria dedicada principalmente a informar das actividades da Unión Estradense e achegar a actualidade do concello da Estrada aos emigrantes naturais da zona que residían en Bos Aires. Contén ademais, algunha colaboración literaria, artigos de opinión, traballos sobre diversos aspectos da cultura galega e a emigración en xeral.