Showing 2438 results

Archival description
Emigración galega
Print preview View:

75 results with digital objects Show results with digital objects

Boletín informativo

Boletín editado polo Centro Gallego de Buenos Aires para informar sobre as actividades da entidade e a súa vida interna (doazóns, socios ingresados, servizos médicos, directorio médico da entidade etc.). Informan tamén da biblioteca "Manuel Murguía", do Teatro Castelao, do Panteón social ou das actuacións do Coro do centro.

Números en papel:

1997: novembro
1998: maio
1999: setembro

Centro Gallego de Buenos Aires

Región Galaica : Órgano del Centro Gallego

Primeiro boletín editado polo Centro Gallego para informar das súas actividades sociais e dos acordos das diferentes seccións e da comisión directiva («Sección Oficial»). Contén ademais colaboracións literarias, artigos sobre a actualidade política, noticias da actualidade galega («Sección Regional») e de España, novas da colectividade, etc.

Número en papel (fotocopias):

1907: n. 4

Números en microficha:

1907: 5-6; 8
1908: n. 9-10

Centro Gallego de Buenos Aires

Memoria de creación do IACG

Memoria de creación do Instituto Argentino de Cultura Gallega como continuador da Comisión de Cultura do Centro Gallego de Buenos Aires no ano 1969 e patrimonio cultural asignado

Instituto Argentino de Cultura Gallega

Centro Gallego de Campana

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme e dixital:

8 libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade dos anos 1912-1962
Libro de rexistro de socios da sociedade dos anos 1915-1931

Centro Gallego de Campana

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de actas das reunións da Comisión Directiva do "Centro Gallego de Campana", conservados en formato microfilme e dixital:

1912-1919 (378 páxinas)
1919-1923 (474 páxinas)
1923-1926 (354 páxinas)
1926-1931 (348 páxinas)
1931-1936 (400 páxinas)
1936-1941 (400 páxinas)
1941-1945 (200 páxinas)
1946-1962 (400 páxinas)

Centro Gallego de Campana

A Terra : Órgano del Centro Gallego

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Número conservado en formato papel (fotocopias) e dixital:

1920: maio

Centro Gallego de Córdoba

Centro Gallego de Santa Fé

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Carta enviada ao AEG (16/05/1997) na que adxuntan 1 enquisa, 1 folleto e 1 programa
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"
Programa dos actos polo 75º aniversario (1994)
Fax enviado ao AEG (28/09/1998)
Boletín "Cincuentenario del Centro Gallego de Santa Fé"

Conservada en formato papel e dixital:

Folleto con motivo do 75º aniversario da sociedade (1994)

Conservada en formato dixital:

Memoria e balance dos exercicios 1948-1949 e 1949-1950

Centro Gallego de Santa Fé

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, o día 16/05/1997 en contestación á súa solicitude de información. Adxuntos á carta remitiron a seguinte documentación:

  • Folleto conmemorativo do 75º aniversario da sociedade
  • Programa de actos polo 75º aniversario
  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Centro Gallego de Santa Fé

Fax

Fax enviado por Graciela Pérez, filla do Presidente da sociedade "Centro Gallego de Santa Fé", ao coordinador do Arquivo da Emigración Galega, Marcelino Fernández Santiago, o día 28/09/1998 en contestación á súa solicitude de información.

Centro Gallego de Santa Fé

Folletos

Con motivo do seu 75º aniversario, a sociedade "Centro gallego de Santa Fé" edita un políptico conmemorativo e un programa de actividades. O folleto se conserva en formato papel e dixital.

Centro Gallego de Santa Fé

España Solidaria : Periódico Informativo del Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina

Xornal informativo onde se informa sobre as actividades da entidade editora e de todas as axudas económicas do goberno español para os emigrantes maiores. No primeiro número hai unha entrevista ao conselleiro laboral da Embaixada de España en Arxentina. Tamén hai artigos de carácter cultural: na última páxina hai un artigo asinado por Camilo José Cela que trata da morriña en Galicia.

Número en papel:

1992: n. 1 (julio)

Centro Gallego de Jubilados y Pensionados de la República Argentina

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos renovados o 10/06/1978
Carta con documentación adxunta enviada ao Arquivo da Emigración Galega o 15/11/1996
Carta coa enquisa "As sociedades galegas no mundo" enviada ao Arquivo da Emigración Galega o 10/11/1998
Boletín
Boletín "Galicia en Mar del Plata"
Memoria e balance xeral correspondentes ao período de 01/07/1995 a 30/06/1996

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Estatutos

Estatutos do "Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo" renovados o 10/06/1978.

Centro Gallego de Mar del Plata, cultural, social, recreativo y deportivo

Results 161 to 180 of 2438