Amosando 77 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Con obxectos dixitais
Previsualización da impresión Ver:

Memorias sociais

Memorias sociais da "Unión Mugardesa de Instrucción":

  • Memoria social correspondente ao ano 1912, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 23/02/1913 (21 páxinas), conservada en formato dixital e impreso.
  • Memoria anual correspondente ao ano social 1923/1924, presentada pola directiva á Xunta Xeral o 19/10/1924 (46 páxinas), conservada en formato impreso.

Unión Mugardesa

Diplomas e certificados

Diplomas e certificados da "Unión Mugardesa", conservados en formato dixital:

  • Modelos de diploma de socio de mérito e de socio fundador
  • Diploma de premio á constancia outorgado a José Pico Corral (1919)
  • Diploma pola participación no IV día de Galicia Exterior (12-13/08/2004)
  • Nota informativa sobre a festa da Merced (01/04/1982)
  • Certificado do Concello de Mugardos, asinado polo seu secretario, Francisco Galán Castro, coas normas a seguir para as delegacións da sociedade (23/06/1911)

Unión Mugardesa

Regulamentos

Regulamentos conservados en formato dixital e impreso:

  • Regulamento social da "Unión Mugardesa de Instrucción" reformado en Xunta Xeral Extraordinaria o 25/03/1917 (11 páxinas)
  • Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Instrucción" aprobado en Xunta Xeral o 04/08/1923 (15 páxinas)
  • Regulamento xeral da "Unión Mugardesa de Beneficencia y Recreo" aprobado en Xunta Xeral o 29/04/1947 (28 páxinas)

Unión Mugardesa

Acta de constitución da Unión Mugardesa de Instrucción

Copia literal mecanografada da Acta de constitución da "Unión Mugardesa de Instrucción" do día 12/11/1909 (3 páxinas), conservada en formato dixital e impreso. Esta copia foi feita na Habana o 22 de outubro de 1917 e asinada polo presidente e secretario da entidade para presentar ante o Gobernador provincial por un imperativo da Lei de Asociacións vixente ese ano.

Unión Mugardesa

Recibo

Bono de recoñecemento da "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" en favor da sociedade "Unión Barcalesa" polo seu aporte económico para mercar lámpadas (27/04/1990), conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Correspondencia enviada

Certificado do Secretario da "Sociedad Cultural y Benéfica Unión Barcalesa" ao respecto da cancelación da hipoteca dunha casa no barrio de Vedado (05/12/1949), conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Correspondencia recibida

Cartas recibidas polo Presidente da asociación "Unión Barcalesa", conservadas en formato dixital:

  • Carta enviada polo Ministro de Traballo, Jesús Romeo Gorría, a Clemente Tuñas Suárez, o día 25/09/1969
  • Carta enviada polo Cónsul Xeral de España en Cuba, Joaquín Eduardo de Thomas García, a Rolando Pérez Palmero, o día 12/03/1971

Unión Barcalesa

Libro do Panteón Social

Libro do Panteón Social dende o 19/10/1931 ata o 14/12/1998 (64 páxinas), que contén o título de propiedade, conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Actas de Junta General

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 118 actas dende o 17/01/1964 ata o 28/02/2004.

Unión Barcalesa

Unión Barcalesa: actas

Libro de Actas das reunións das Xuntas Xerais de socios da "Sociedad de Instrucción Unión Barcalesa", conservados en formato dixital e impreso. Contén 83 actas dende o 22/01/1912 ata o 22/08/1929

Unión Barcalesa

Actas Junta Directiva

Libro de actas de reunión da Xunta Directiva. Contén 136 actas dende o 30/04/1979 ata o 14/06/1997 conservadas en papel (fotocopias) e dixital.

Unión Barcalesa

Resultados 1 a 20 de 77