Amosando 5689 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Previsualización da impresión Ver:

108 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Homaxe a Castelao

Homaxes a Castelao publicadas polo Grupo Galego de Aarau, no 25º aniversario da súa morte (1975) e no centenario do seu nacemento (1986), conservadas en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Estatuto de Galiza

Estatuto de Galiza do 28/06/1936 reeditado polo Grupo Galego de Aarau, conservado en formato papel.

Grupo Galego de Aarau

Publicidade de actividades recreativas

Publicidade de actividades recreativas organizadas polo Grupo Galego de Aarau, conservada en formato papel:

  • Díptico polo Día da nai (08/05/1988)
  • Cartaz dun baile (08/10/1988)
  • Cartaz dun campeonato de chinchón (02/10/1988)

Grupo Galego de Aarau

Semente : Boletín da Sociedade A Nosa Galiza - Xenebra

Esta publicación societaria contén principalmente información sobre a sociedade editora, A Nosa Galiza de Xenebra e da Federación de Sociedades Galegas na Suíza, incluíndo ademais unha serie de artigos de contido variado: traballos sobre literatura, actualidade galega, cultura popular, páxinas de humor («Fiañadas»), etc.

Número conservado en formato papel:

1982: n. 1

Sociedade "A Nosa Galiza"

Carta enviada aos centros galegos na Suiza

Carta enviada aos centros galegos na Suiza pola Irmandade Galega na Suiza, na que indican os puntos tocados na ponencia celebrada no 2º congreso da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS) o 03/04/1982, conservada en formato papel.

Irmandade Galega na Suiza

Lúa Nova : voceiro da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro

Esta publicación societaria foi creada para informar das actividades da entidade editora, entre as que destacan as xornadas culturais, como o certame de poesía en lingua galega «Rosalía de Castro», deportivas (torneo de baloncesto, etc.), formativas (cursos de lingua), etc. Inclúe tamén artigos de opinión sobre distintos temas, reportaxes, entrevistas, relatos literarios, crónicas de actualidade, pasatempos e humor.

Números conservados en formato papel (orixinal):

1987: n. 1-2
1988: n. 6
1989: n. 7-8
1990: n. 9-12
1991: n. 13-16
1992: n. 18, 20
1993: n. 21-24
1994: n. 25-28
1995: n. 29-32
1996: n. 33
1997: n. 34-35
1998: n. 36-37
1999: n. 38-39
Nova época:
2000: n. 40 (245 x 172 mm)
2001: n. 41-42 (245 x 172 mm)
2002: n. 43 (245 x 172 mm)
2004: n. 44 (245 x 172 mm)
2005: n. 45-46
2006: n. 47
2007: n. 48-49
2008: n. 50
2009: n. 51
2012: n. 52
2013: n. 53
2014: n. 54

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Carta e enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega e Secretaria Xeral do Consello da Cultura Galega, por Iolanda Díaz Gallego, Presidenta da asociación "O Penedo Fogar Galego", o 19 de febreiro de 1997, en resposta á súa solicitude de información mediante a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (3 páxinas), conservada en formato papel (fotocopia).

O Penedo Fogar Galego

Resultados 5541 a 5560 de 5689