Poemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel. Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".
Este fondo contén a seguinte documentación (conservada en formato microfilme e dixital): LIBROS DE REXISTRO DE SOCIOS (1914, 1914-1921, 1922) LIBRO DE ACTAS. Reunións das Comisións Directivas (1934-1937) LIBRO DE ACTAS. Reunións das Asembleas de socios (1934-37)
Sociedad de Socorros Mutuos Hijos del Partido de Villalba
Regulamento xeral da "Sociedad de Beneficencia, Recreo y Socorros Mutuos Unión Villalbesa y su Comarca" aprobado o 15/09/1936 (29 páxinas), conservado en formato dixital e impreso.
Programa do Día de Galicia de 1986 Programa de actividades editado polo "Ayuntamiento de Zarautz" para os meses de xuño a outubro de 1986 Programa do Día de Galicia de 1990
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1945-1950) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1950-1953) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1953-1957) Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1957-1959) Libro de Actas das reunións das Asembleas de Socios (1945-1956) Libro de Actas das reunións das Asembleas de Socios (1956-1960)
Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.
Certificado de autenticación de Luis Veiga Rodríguez como Presidente do Centro Benéfico-Social "Hijos de La Estrada"para o período 1986-1988, conservado en formato papel (fotocopias).
Ponencia que o "Centro Benéfico Social Fillos da Estrada" propón para o Consello de Comunidades Galegas a celebrar en Galicia en outubro de 1986, conservada en formato papel (fotocopias):
Documento mecanoscrito en papel timbrado e selado (8 páxinas)
Cartaz das actividades organizadas polo Centro Benéfico Social "Hijos de La Estrada" con motivo das Festas do seu Patrono, San Paio, do 28/06 ao 03/07 de 1994 (476 x 310 mm), conservado en formato papel.