Showing 5664 results

Archival description
Print preview View:

77 results with digital objects Show results with digital objects

Enquisas

Enquisas enviadas ao Consello da Cultura Galega pola Irmandade Galega na Suiza, conservadas en formato papel:

  • Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (21/12/1996)
  • Enquisa "As sociedades galegas no mundo" e sobre (02/12/1998)

Irmandade Galega na Suiza

Tarxetas postais

Tarxetas postais enviadas pola Irmandade Galega na Suiza para felicitar as festas navideñas, conservadas en formato papel:

  • Tarxeta enviada en 1987 para felicitar o ano novo 1988
  • Tarxeta sen datar

Irmandade Galega na Suiza

Carteis de "Historia de Galicia"

Carteis da montaxe audiovisual "Historia de Galicia" organizada pola Irmandade Galega na Suiza e Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, conservados en formato papel:

  • Tamaño 300 x 214 mm
  • Tamaño 423 x 300 mm

Irmandade Galega na Suiza

Documentos das Xornadas Galegas

Documentos das Xornadas Galegas organizadas pola Irmandade Galega na Suiza, conservados en formato papel:

  • "Escolma Poética" de Xosé Luis Méndez Ferrín, editada pola Irmandade Galega na Suiza co gallo das Xornadas Galegas de Xenebra de maio de 1974
  • Programa das IIª Xornadas de 1974

Irmandade Galega na Suiza

Irmandade : voceiro da Irmandade Galega na Suiza

Esta publicación societaria foi editada pola Irmandade Galega na Suíza, para dar información sobre as súas actividades. Aparecen tamén traballos de carácter cultural recollidos en seccións como «Follas culturais do noso pobo», «Voces na cultura galega», etc., que abordan preferentemente aspectos da literatura galega; hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX, etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.

Números conservados en formato papel:

1978: n. 3-5
1979: n. 6-8

Irmandade Galega na Suiza

Carta enviada aos socios

Carta enviada por Galiza Hoxe Asociación Cultural Galega solicitando o pago da cuota anual para poder sufragar, entre outras cousas, o seu programa de radio semanal, conservada en formato papel.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Cartas relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa

Cartas enviadas por Carlos Xohan Díaz, Secretario da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego, relativas á Xunta de Organizacións Galegas en Europa (XOGE), conservadas en formato papel:

  • Carta enviada o 10/03/1980 a Miguel Palomo, Presidente do Centro Galego de Bruxelas, acerca do programa do Día de Galicia en París en curso e acerca de documentación da XOGE.
  • Carta enviada o 27/05/1980 a 21 grupos galegos na Suiza para facerlles chegar a acta das dúas primeiras xuntanzas da XOGE e a convocatoria e orde do día da xuntanza que se celebrará en Aarau o día 8 de xuño para preparar a xuntanza dos días 21 e 22 que se celebrará en Suiza.
  • Carta enviada o 10/06/1980 ós grupos galegos na Suiza, para facerlles chegar a acta da xuntanza da XOGE celebrada o día 8 e os enderezos postais dos grupos galegos na Suiza.
  • Carta enviada o 26/08/1980 ás asociacións e grupos galegos na Suiza, para convocalos á próxima xuntanza da XOGE que se celebrará o día 14 de setembro en Zürich.

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Galiza hoxe

Esta publicación societaria foi creada para difundir a cultura galega entre a colectividade emigrada; no número consultado fan a reprodución da revista «Festa da palabra silenciada» dedicado a Francisca Herrera Garrido (nota bibliográfica e análise da súa obra), acompañado dunha entrevista con Ricardo Carvalho Calero e diferentes poesías.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

1986: xaneiro (n. especial)

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinais):

Estatutos da FAGS (1973)
Actas das reunións da Comisión Executiva (1980-1981)
Circular enviada aos centros que conforman a Federación
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1999)
Folleto do I Día de Galicia en Suiza (1981)
Folleto: Arte e cultura de Galicia (1983)
Folleto da representación do "Ballet Gallego Rey de Viana" (1983)
Folleto e folla voandeira do Día de Galicia en Suiza (1985)
Políptico: Arte e cultura da Galiza (1986)
Díptico do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura da Galiza (1986)
Díptico co dossier de prensa do programa Arte e cultura da Galiza e do grupo Milladoiro (1986)
Folleto do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura de Galiza (1987)
Folleto do Día das Letras Galegas (1988)
Folleto do Día da Patria Galega (1990)
Emblema societario
Revista "Diáspora : revista da Federación de Sociedades Galegas na Suíza"
Boletín "Letras Galegas"

Conservada en formato papel (fotocopias):

Estatutos da FSGS (1985)
Circular enviada aos centros que conforman a Federación (1981)

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Results 921 to 940 of 5664