O Secretario, Horacio Pegito Lobato, e o Presidente, Marcial Sánchez González, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta en decembro de 1998 ao Conselleiro da Cultura Galega, na que informan da nova constitución da xunta directiva e achegan un exemplar do boletín número 7 Irmáns adicado a Xosé Neira Vilas.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina
Eduardo García Chorén, do Subcomité de Cultura e Prensa, e José Martínez-Romero, Presidente, da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina envían unha carta o 19 de novembro de 1996 ao Consello da Cultura Galega, facéndolle chegar un exemplar do boletín Irmáns.
Unión de asociaciones gallegas de la República Argentina
Folleto titulado "Manifiesto a los socios de esta entidad, conterráneos y simpatizante (sic)" instando a suscribir a causa en favor da construcción dunha escola e biblioteca popular no distrito de Porriño, conservado en formato dixital.
Unión agraria parroquias unidas del distrito de Porriño
Revista societaria que se publica anualmente con motivo da celebración do aniversario social da entidade, aproveitando para dar conta das actividades sociais e da directiva. Contén noticias do concello de Vedra.
Números conservados en papel:
1970: 60º aniversario 1971: 61º aniversario
Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires
Libros de maiores da sociedade "Residentes del Municipio de Vedra" correspondentes aos anos 1920-1929 (39 páxinas), ao ano 1924 (20 páxinas) e aos anos 1930-1932 (11 páxinas)
Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires
Documento de 48 páxinas (fotocopias) (1932-1952) co libro de rexistro das cuotas sociais da "Sociedad Agrícola Residentes del Municipio de Vedra en Buenos Aires"
Documento de 8 páxinas (fotocopias) co libro de rexistro das cuotas sociais da "Sociedad Agrícola, Cultural y Recreativa del Municipio de Vedra"
Sociedad agrícola, cultural y recreativa del municipio de Vedra en Buenos Aires