Showing 787 results

Archival description
Item
Print preview View:

50 results with digital objects Show results with digital objects

"Mortos porque Galicia viva" de Daniel Méndez

Poemario "Mortos porque Galicia viva" (1973) de Daniel Méndez O'Donnell (pseudónimo de Darío Xohán Cabana) que incorpora unha pegatina publicitaria do programa de radio "Galiza sempre" da asociación Galiza Hoxe, conservado en formato papel.
Trátase dun folleto clandestino que contén 4 poemas: "Alfonso Daniel Rodríguez Castelao", "Roi Xordo", "Alexandre Bóveda" e "Daniel Niebla e Amador Rei".

Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego

Hijos Partido Judicial de Villalba. Actas

Libros de actas. Reunións das Comisións Directivas da Sociedade de socorros mutuos Hijos del Partido de Villalba dos anos 1934 a 1937, conservados en formato microfilme e dixital.

Sociedad de Socorros Mutuos Hijos del Partido de Villalba

Carta dirixida a Eduardo Blanco-Amor

O Secretario da Asociación envía unha carta a Eduardo Blanco-Amor o día 22 de maio de 1927 en contestación á recibida o día 8 explicándolle as condiciones que deben darse para que se podan levar a cabo as súas peticións e desestimando a súa renuncia como socio.

1 carta manuscrita (copia)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Carta dirixida a Eduardo Blanco-Amor

O Secretario da Asociación envía unha carta a Eduardo Blanco-Amor o día 24 de maio de 1927 para notificarlle a decisión que se tomou en Asamblea Xeral do día 16 de abril de dar un voto de censura.

1 carta manuscrita (copia)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Carta de Eduardo Blanco-Amor

Eduardo Blanco-Amor envía unha carta ao Secretario Xeral da "Unión Provincial Orensana" dándolle conta da súa estadía en Ourense e a súa visita á "Escuela Laica Neutral" da cidade.

1 carta (fotocopia)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Modelo de folio

Modelo de folio do "Centro Benéfico-Social Hijos de La Estrada" en papel timbrado e selado, conservado en formato papel.

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Certificado

Certificado de autenticación de Luis Veiga Rodríguez como Presidente do Centro Benéfico-Social "Hijos de La Estrada"para o período 1986-1988, conservado en formato papel (fotocopias).

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Ponencia no Consello de Comunidades Galegas

Ponencia que o "Centro Benéfico Social Fillos da Estrada" propón para o Consello de Comunidades Galegas a celebrar en Galicia en outubro de 1986, conservada en formato papel (fotocopias):

  • Documento mecanoscrito en papel timbrado e selado (8 páxinas)

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Cartaz das Festas de San Paio

Cartaz das actividades organizadas polo Centro Benéfico Social "Hijos de La Estrada" con motivo das Festas do seu Patrono, San Paio, do 28/06 ao 03/07 de 1994 (476 x 310 mm), conservado en formato papel.

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Libro de contabilidade

Libro de contabilidade do "Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada", conservado en formato papel (fotocopias):

  • Libro manoscrito dende o 01/09/1976 ata o 28/02/1996 (25 páxinas)

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Results 41 to 60 of 787