Amosando 5662 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Previsualización da impresión Ver:

77 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Asociación Civil Fillos de Ourense

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Tarxeta postal (2004)
Calendario do ano 2005
Revista "Xuntémonos"
Boletín "Reporte Ourensán"

Conservada en formato dixital:

7 fotografías

Asociación Civil Fillos de Ourense

Boletín Informativo de la Federación de Centros Españoles de Venezuela

Boletín Informativo que a Secretaría de Cultura da Federación de Centros Españoles de Venezuela (FECEVE) comeza a publicar en xaneiro de 1986, dirixida a todos os centros españois de Venezuela como "medio eficaz de conocernos más, de valorarnos más, de entendernos más y de querernos más".

Número conservado en formato papel:

1986: n. 1

Federación de Centros Españoles de Venezuela

Alborada : la revista del Centro Gallego de Maracaibo

Esta revista publicada polo Centro Gallego de Maracaibo, ten como finalidade a difusión das súas actividades sociais e culturais (campionatos, grupos de danzas, encontros, festexos, etc.), ademais de contar con artigos referidos a Galicia e á súa cultura («Consideracións en torno al alma gallega», «Santiago y su proyección universal», «A ti Galicia»), e diversas colaboracións literarias. No número de 1992 conmemoran o trixésimo aniversario fundacional da entidade facendo unha valoración histórica da entidade.

Números conservados en formato papel:

1992: agosto
2004
2006: n. 2
2010

Centro Gallego de Maracaibo

Menú

Menú de comidas e bebidas conservado en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Maracaibo

Programa de Danzas Folklóricas

Programa de actividade organizada polo "Centro Gallego de Maracaibo", conservado en formato papel (fotocopias):

  • Díptico do programa de Danzas Folklóricas de Mery Rodríguez (2004)

Centro Gallego de Maracaibo

Resultados 181 a 200 de 5662