Esta revista está dirixida aos emigrantes galegos e socios que residen no Principado de Andorra. Comezou a editarse en 1999 coa pretensión de mantelos informados das actividades e noticias sobre a actualidade en Galicia. Ofrecen artigos sobre a literatura galega, sobre persoeiros históricos ou sobre a historia dun concello galego. Teñen seccións fixas de humor, cociña galega, pasatempos, entrevistas e cartas e escritos dos socios.
Enquisa "Censo Cultural" relativa a "Entidades" cuberta polo "Club Cultural Español e.V." de Cuxhaven, Alemaña, por iniciativa do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.
Esta publicación societaria informa das diferentes actividades organizadas pola entidade editora, o Centro Galego de Hannover en Alemaña. Compleméntase con escritos sobre a arte, cultura, tradicións galegas e unha sección de pasatempos.
Carta enviada dende o Centro Galego Recreativo-Cultural e.V. de Hannover a Juan Castellano Herrero, da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas da Xunta de Galicia, o día 05/04/1994, para informalo da celebración do I Trofeo Xunta de Galicia, conservada en formato papel (fotocopias).