Showing 3 results

Archival description
Galicia Subseries Cultura
Print preview View:

O Noso Lar

Esta publicación societaria foi editada para conmemorar o 25 aniversario fundación da sociedade O Noso Lar de Terrassa (Barcelona). Ademais de facer un percorrido histórico polos principais fitos e actividades da entidade, conta con artigos sobre Galicia, autores galegos, etc. Hai tamén varias entrevistas a socios fundadores e directivos.

Número conservado en formato papel:

2007: 25º aniversario

Irmandade Galega O Noso Lar

O Hórreo : Revista de cultura do Centro Airiños da Nosa Galicia

Esta revista societaria edítase anualmente coa finalidade de festexar o Día das Letras Galegas e para informar das diversas actividades que organizan os galegos de Santa Coloma de Gramanet para a súa celebración; contén artigos sobre o homenaxeado anual e sobre cidades galegas. Aparecen tamén colaboracións de carácter cultural, literario e lúdico, con seccións de gastronomía, refraneiros, "un pouco da nosa historia" etc.

Números conservados en formato papel (orixinal):

1999: n. 5
2001: n. 7
2004: n. 10
2005: n. 11
2006: n. 12
2007: n. 13
2009: n. 15
2010: n. 16

Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia