Amosando 29 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Cataluña Música
Previsualización da impresión Ver:

Aquatreveus : revista de la Federació Catalana d'Entitats Corals

Revista editada pola "Federació Catalana d'Entitats Corals" (FCEC) para dar conta do panorama da música coral. Cun contido eminementemente informativo e formativo, divídese en seccións de: teoría musical, informes, biografías de compositores, discografía, bibliografía, información xeral, partituras comentadas, etc. Tiña a intención de ser un órgano de expresión de todas as preocupacións, un medio independente de expresar todas as ideas e opinións, todas as tendencias e manifestacións da música coral, sen ningún obstáculo, por iso hai tamén unha sección para os seus libros.

Números conservados en formato papel:

2005: n. 21-22

Coro Universitario Galego de Barcelona

Programa da Festa Galega 1991

Folleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.

Irmandade Galega de Sallent

Documentación do Festival Musical Galego

Folletos co programa do Festival Musical Galego organizado anualmente pola Asociación Cultural Cova da Serpe, conservados en formato papel:

  • Cartaz do V Festival Musical Galego (628 x 418 mm) para os días 21 e 22 de abril de 1990.
  • Folleto do VIII Festival Musical Galego (216 x 154 mm) para os días 24 e 25 de abril de 1993.
  • Díptico do XXII Festival Musical Galego (216 x 100 mm) para os días 20 a 22 de abril de 2007.

Asociación Cultural Cova da Serpe

Folletos do festival de música galega en Barcelona

Folletos do festival de música galega en Barcelona organizado pola Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, conservados en formato papel:

  • Tríptico do II Festival de 1984 (214 x 105 mm)
  • Folleto do XXV Festival de 2009 (tamaño A4)

Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas

Libro/CD Porgaleuzca

O CUGAB publica en 1996 este disco compacto co título "Porgaleuzca", resultante de PORtugal - GALiza - EUZkadi - CAtalunya, acompañado dun libro (95 páxinas) no que aparecen, ademais das partituras corais de tódalas cancións interpretadas, un estudio histórico sobre o Movemento da Canción Galega do ano 1968, as fichas técnicas das cancións e mais dos cantantes versionados así coma un inventario da súa discografía, un guieiro da rapsodia e outros datos de interese.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Programas dos encontros de corais

Dípticos co programa dos encontros das corais da Federación de entidades culturais galegas de Catalunya, conservados en formato papel:

  • IX Encontro (08/12/2006)
  • X Encontro (26/05/2007)

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya

Recolección de recortes de prensa

Documento mecanoscrito no que se recolectan as noticias aparecidas en prensa sobre a Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas, dende 1974 ata 1985, conservado en formato papel.

Escola de gaitas e danzas galegas Toxos e Xestas

Programa do "Concierto de corales" organizado pola Irmandade A Nosa Galiza

Folleto co programa do concerto de corais organizado pola Irmandade A Nosa Galiza para o día 30/04/2005, no que actuaron o Coro Universitario Galego de Barcelona, a "Societat Coral Ilustració de Sant Quirze" e a Coral Irmandade A Nosa Galiza, conservado en formato papel.

Coro Universitario Galego de Barcelona

Programas das xuntanzas de entidades galegas de Cataluña en Galicia

Programas de actividades organizadas pola Federación de entidades culturais galegas de Catalunya con motivo da xuntanza de entidades galegas de Cataluña en Galicia, conservados en formato papel:

  • Díptico da xuntanza de entidades galegas de Cataluña en Santiago de Compostela e Vedra co gallo do 20º aniversario societario e en homenaxe a Ana Kiro (11-12/08/2010)
  • Díptico do encontro da comunidade galega en Cataluña en O Courel e na Seara (13/08/2013)

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya

Asociación Cultural Cova da Serpe

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Enquisa censo cultural, Entidades
Cartaz do V Festival Musical Galego (1990)
Folleto do VIII Festival Musical Galego (1993)
Díptico do XXII Festival Musical Galego (2007)
Revista "Arxela : Voceiro da Asociación Cultural "Cova da Serpe" de Barcelona"

Asociación Cultural Cova da Serpe

Asociación de Empresarios Gallegos en Cataluña

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Políptico do "Gran encontro de gallegos del mundo" (2005)
Folleto da cena de gala celebrada en xuño de 2005
Revista "Feitos"
Boletín "Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña y Andorra : Boletín informativo"

Asociación de Empresarios Gallegos en Cataluña

Agrupación Cultural Galega Agarimos

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"
Programa da III festa galega (2000)
Programa polo Día das Letras Galegas de 2007
Calendario editado polo 10º aniversario societario
Revista "A Palloza : revista cultural galega"

Agrupación Cultural Galega Agarimos

Agrupación Cultural Galega Saudade

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Folleto da "Gala XXV aniversario : espectáculo de música e baile" (2007)
Revista "Saudade Xove : Revista para galegos sen fronteiras"
Revista "Saudade : Agrupación Cultural Galega"

Agrupación Cultural Galega Saudade

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"
8 programas da festa galega celebrada en Can Mercader
2 folletos sobre o certame de poesía en lingua galega
4 programas das xornadas culturais
3 folletos sobre exposicións
1 folleto sobre actuación teatral (1996)
1 cartaz do certame de narrativa Rosa Reboredo (2004)
1 programa da mostra en Compostela
1 artigo publicado na revista "Viu Cornellà" sobre a Asociación (2007)
Revista "Lúa Nova"

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Folleto da festa galega celebrada con motivo das Letras Galegas de 1991
Díptico da festa galega celebrada con motivo das Letras Galegas de 2007
Revista "O Hórreo : Revista de cultura do Centro Airiños da Nosa Galicia"

Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia

Resultados 1 a 20 de 29