Amosando 22 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unidade documental simple Artes
Previsualización da impresión Ver:

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da "Sociedad artística y recreativa orfeón de Fonsagrada" de 13/05/1925, conservada en formato microfilme e dixital.

Sociedad artística y recreativa orfeón de Fonsagrada

Actos programados para 1997

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de xullo e agosto de 1997, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

Actos programados para 2002

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de abril e maio de 2002, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

Convite a exposición de pintura

Convite á inauguración da exposición de pintura de Mª Paz Illana o día 17/11/1990, organizada pola sociedade "O Penedo Fogar Galego", conservado en formato papel.

O Penedo Fogar Galego

Folleto da exposición de Manuel Otero

Folleto sobre a exposición de Manuel Otero organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada entre o 11 de xuño e o 2 de xullo de 1993.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto da festa galega

Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo da III festa galega, celebrada os días 22 a 24 de setembro de 2000, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.

Agrupación Cultural Galega Agarimos

Folleto de "Eisposición de dibuxos e grabados de estampa popular galega"

Folleto sobre a exposición de debuxo e grabado de estampa popular galega organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no marco das "XV Xornadas de Cultura Galega" e celebrada entre o 25 de xullo e o 5 de agosto de 1970.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto "Fotógrafos en la Posada del Potro"

Catálogo da exposición do fotógrafo Manuel Vilariño do 19/10 ao 14/11 de 1990 na "Posada del Potro", editado pola Área de Cultura do Concello de Córdoba coa colaboración da "Casa de Galicia en Córdoba" (1990)

Casa de Galicia en Córdoba

Folleto "Muestra colectiva de pintura"

Folleto publicado pola Obra Cultural da Caja de Ahorros Popular de Valladolid para difundir a mostra de pintura das Casas rexionais en Valladolid, celebrada entre o 19 e o 29 de novembro de 1983, conservado en formato papel.

Casa de Galicia de Valladolid

Folleto sobre Castelao

Folleto "Castelao : más que un ilustre gallego un gallego que ilustró al mundo" publicado pola Comisión Intersocietaria de Entidades Gallegas (xaneiro 1992)

Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas

Resultados 1 a 20 de 22