Amosando 41 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Artes
Previsualización da impresión Ver:

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da "Sociedad artística y recreativa orfeón de Fonsagrada" de 13/05/1925, conservada en formato microfilme e dixital.

Sociedad artística y recreativa orfeón de Fonsagrada

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións da Comisión Directiva da "Sociedad artística y recreativa orfeón de Fonsagrada", conservados en formato microfilme e dixital:

  • 1925-1927 (188 páxinas)
  • 1927-1933 (188 páxinas)

Sociedad artística y recreativa orfeón de Fonsagrada

Folleto da festa galega

Folleto co programa de actividades organizadas pola Agrupación Cultural Galega Agarimos de Badalona con motivo da III festa galega, celebrada os días 22 a 24 de setembro de 2000, coincidindo co aniversario societario, conservado en formato papel.

Agrupación Cultural Galega Agarimos

Actos programados para 1997

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de xullo e agosto de 1997, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

Folleto "Muestra colectiva de pintura"

Folleto publicado pola Obra Cultural da Caja de Ahorros Popular de Valladolid para difundir a mostra de pintura das Casas rexionais en Valladolid, celebrada entre o 19 e o 29 de novembro de 1983, conservado en formato papel.

Casa de Galicia de Valladolid

Actos programados para 2002

Folleto editado pola sociedade "Centro Gallego de Montevideo" co programa de actos de abril e maio de 2002, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Montevideo

Folleto sobre Castelao

Folleto "Castelao : más que un ilustre gallego un gallego que ilustró al mundo" publicado pola Comisión Intersocietaria de Entidades Gallegas (xaneiro 1992)

Comisión Intersocietaria pro-conmemoración das datas patrióticas galegas

Convite a exposición de pintura

Convite á inauguración da exposición de pintura de Mª Paz Illana o día 17/11/1990, organizada pola sociedade "O Penedo Fogar Galego", conservado en formato papel.

O Penedo Fogar Galego

Publicacións pola festividade do Apóstolo

Folletos editados con motivo da festividade do Apóstolo, conservados en formato papel:

  • Díptico "Festividades do Apóstolo Xacobeo '99", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Díptico "Exposiçao Aquarelas : Antonio Lobo" (2001)
  • Tríptico "Festival Santiago Apóstol Caballeros de Santiago 2001", con información sobre o Camiño de Santiago e o programa de actos.
  • Políptico "Festividades Santiago Apóstolo 2007", co programa de actos.

Vídeo con motivo da festividade do Apóstolo do ano 2007, conservado en formato DVD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Folleto de "Eisposición de dibuxos e grabados de estampa popular galega"

Folleto sobre a exposición de debuxo e grabado de estampa popular galega organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no marco das "XV Xornadas de Cultura Galega" e celebrada entre o 25 de xullo e o 5 de agosto de 1970.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Programas das xornadas culturais

Programas das xornadas culturais celebradas pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, conservados en formato papel:

  • Díptico das XII xornadas: novembro 1997 (214 x 101 mm)
  • Folleto dos anos 2001 e 2002 (215 x 151 mm)
  • Díptico das XIX xornadas: outubro-novembro 2004 (214 x 101 mm)
  • Tríptico das XXI xornadas: outubro-novembro 2006 (215 x 100 mm)

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Folletos polo Día de Galicia

Folletos editados pola Casa de Galicia de Montevideo co programa de actos previstos en celebración do Día de Galicia, conservados en formato papel:

  • 1946
  • 1947
  • 1949
  • 1981
  • 18/07/1981, coa participación de Cristina Fernández

Casa de Galicia de Montevideo

Folletos sobre exposicións

Folletos das exposicións artísticas organizadas pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, conservados en formato papel:

  • Díptico da exposición de debuxos e óleos de Masito: 1990 (212 x 107 mm)
  • Díptico da exposición de pintura de Amelia López (213 x 151 mm)
  • Folla voandeira da mostra de obras de pequeno formato de Couselo: 2006 (109 x 150 mm)

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Folleto "Fotógrafos en la Posada del Potro"

Catálogo da exposición do fotógrafo Manuel Vilariño do 19/10 ao 14/11 de 1990 na "Posada del Potro", editado pola Área de Cultura do Concello de Córdoba coa colaboración da "Casa de Galicia en Córdoba" (1990)

Casa de Galicia en Córdoba

Programa da mostra en Compostela

Programa da 1ª mostra en Compostela celebrada pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e co patrocinio da Fundación Sotelo Blanco, conservado en formato papel.

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Resultados 1 a 20 de 41