Amosando 2 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nueva York Memorias
Previsualización da impresión Ver:

Casa de Galicia de Unidad Gallega

Esta publicación societaria está editada para informar das actividades desenvolvidas pola entidade editora, marcadamente republicana e galeguista durante os seus primeiros anos. Constitúe, tal e como aparece no subtítulo, a memoria anual das actividades e feitos máis salientables da vida societaria (directiva, comités, comisións para accións concretas, movemento de socios, balances económicos, etc.). Contén ademais algúns artigos, opinións e traballos sobre Galicia e a súa cultura, economía e historia, redactados por intelectuais galegos de recoñecido prestixio.

Números conservados en formato papel:

Fotocopias:

1941: n. extraordinario
1944

Orixinal:

1958
1963
1965 (25º aniversario)
1965/1966
1966/1967
1967/1968
1968/1969
1969/1970 (30º aniversario)
1970/1971
1973/1974
1974/1975
1981/1983
1993/1996
2002 (62º aniversario)

Números conservados en formato dixital:

Fondo Xesús Canabal:

1970/1971
1971/1972
1972/1973

Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nueva York

Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nueva York

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Regulamento da sociedade "Casa Galicia de Unidad Gallega"
Regulamento da sociedade "Casa Galicia. Unidad Gallega de los EE. UU." (02/1971)
"Boletín informativo de Casa de Galicia"
Memoria "Casa de Galicia de Unidad Gallega"

Conservada en formato dixital:

Algúns números da memoria "Casa de Galicia de Unidad Gallega"

Casa de Galicia. Unidad Gallega de Nueva York