Amosando 7 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Cuba Unidade documental composta Arquitectura
Previsualización da impresión Ver:

Documentación da Escola de Fontepisón

Documentación relativa á Escola de Fontepisón promovida pola sociedade "Liga Santaballesa", conservada en formato impreso:

  • Solicitude (1927)
  • Licencia de obras (1927)
  • Prego de condicións para o peche de luces (1928)
  • Prego de condicións para arreglos
  • Prego de condicións para a obra de canteiro
  • Listaxe de contribuíntes
  • Acta do 06/01/1953
  • Acta do 17/03/1961
  • Acta do 18/01/1968
  • Recibís
  • Facturas

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Documentación das escolas

Documentación das escolas da "Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez", conservada en formato dixital:

  • 5 orzamentos de execución dos edificios para escolas en Pontes de García Rodríguez
  • 1 proxecto coas cláusulas de cesión de uso dos catro baixos e o campo anexo ao edificio da escola en Pontes de García Rodríguez (3 páxinas)
  • 1 expediente de incautación de varios edificios (1941)
  • 1 expediente da póliza de seguros
  • 9 planos do Colexio en As Pontes
  • 15 fotografías do Colexio de Santa María en As Pontes, da Escola de Barosa en Vilabella e da Escola do Freixo

Sociedad de Instrucción y Beneficencia Naturales del Ayuntamiento de Puentes de García Rodríguez

Documentación das escolas

Documentación relativa á fundación das escolas promovidas pola sociedade "Monterroso y Antas de Ulla" na parroquia, conservada en formato dixital e impreso:

  • Planos que formaban parte dun proxecto de construcción de escolas (27/05/1920) (4 páxinas)
  • Escritura de venda do terreo da familia Fente Fernández no termo de Verín, Monterroso (19/06/1926) (4 páxinas)
  • Acta notarial de subsanación do contrato en favor de Teolindo Cortiñas Toural (31/12/1927) (5 páxinas)
  • Escritura de doazón de Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (01/03/1928)
  • Escritura de doazón de terreos da parroquia de San Cibrao de Barreiro, Antas de Ulla, de Manuel García Núñez a favor da sociedade (24/03/1928) (3 páxinas)
  • Escritura de subsanación outorgada por Manuel García Núñez a favor de Verísimo García López (07/11/1928) (6 páxinas)
  • Copia do poder outorgado pola sociedade a favor de Teolindo Cortiñas Toural, José Valcárcel Luna, Antonio García Vázquez e Gabino Vázquez ante o Cónsul de España (23/12/1929) (6 páxinas)
    • Escritura de compromiso outorgado por Gabino Vázquez Fernández a favor da sociedade (14/03/1932) (5 páxinas)
  • Copia do compromiso do Comité encargado da execución das obras dunha casa-escola en Porto Gradio, Santiago de Reboredo (07/02/1936) (2 páxinas)
  • Escritura de traspaso de propiedades da sociedade a favor do concello de Monterroso (10/10/1955) (10 páxinas)

Monterroso y Antas de Ulla

Documentación do Colexio da Liga Santaballesa

Documentación relativa ao Colexio da sociedade "Liga Santaballesa":

Conservada en formato dixital e impreso:

  • Regulamento interior do Colexio dos anos 1918-1919 (6 páxinas)
  • Inventario e balance de 02/1917 (5 páxinas)

Conservada en formato papel (fotocopias):

  • Exame de oposicións do día 26/09/1917 (1 páxina)
  • Recibí de 1925 (1 páxina)
  • Relación de gastos da construcción da Casa-Escola de 1927 (3 páxinas)
  • 2 planos e 1927
  • Compromiso de construcción para Casa-Escola en Santaballa do día 26/02/1928 (1 páxina)
  • Inventario de mobles, libros e enseres de 1948 (3 páxinas)
  • 1 recorte de prensa sobre o edificio escolar construido pola sociedade en A Habana (1956)
  • Acta da Asociación "Patronato Pro-Escuela de Santaballa" do día 01/10/1959 (2 páxinas)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Documentación do Panteón de Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Documentación do Panteón de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", inaugurado o 12/06/1938, conservada en formato dixital:

  • Libro auxiliar do Título do Panteón coa relación das exhumacións e inhumacións realizadas dende 31/07/1938 ata 17/07/2003 (67 páxinas)
  • Fotografía tomada na inauguración

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Fotografías

Fotografías da sociedade "Liga Santaballesa", conservadas en formato dixital:

  • 11 fotografías de grupo
  • 2 fotografías da Xunta Directiva
  • 2 fotografías de actos de toma de posesión
  • 2 fotografías do Panteón no Cemiterio de Colón
  • 1 fotografía de colocación da primeira pedra
  • 1 fotografía do acto de coronación da madriña e damas de horna (anos 50)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Planos dun edificio societario

Planos de construcción do edificio da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa" na Devesa, Ribadeo, asinados polo aparellador Domingo Rañón Fernández (30/11/1920), conservados en formato dixital e impreso.

Círculo Habanero de La Devesa