Showing 8 results

Archival description
Bos Aires (Cidade) File Enquisas
Print preview View:

Enquisas

Resposta ás enquisas enviadas polo Consello da Cultura Galega relativas a Censo Cultural:

  • Entidades
  • Medios de comunicación

Centro Galicia de Buenos Aires

Enquisas

2 enquisas respostadas pola Asociación Unión Residentes de Outes:

  • Enquisa do CCG "Censo cultural" (Entidades)
  • Enquisa da Xunta de Galicia (1991)

Asociación Unión Residentes de Outes

Correspondencia dirixida ao Consello da Cultura Galega

O Presidente da "Asociación mutualista Residentes de Vigo", Santiago Comesaña, envía sendas cartas ao Secretario do Consello da Cultura Galega:

  • Carta de 04/05/1991 en resposta á solicitude de información por parte do Consello.
  • Carta de 07/01/1992 en resposta á enquisa do Consello sobre Censo cultural.

Asociación mutualista Residentes de Vigo

Correspondencia dirixida ao Arquivo da Emigración Galega

O Presidente da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", Alfredo Carlos Peña, envía unha carta o día 11/11/1998 ao Xerente do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, Marcelino X. Fernández Santiago, para facerlle chegar:

  • Enquisa cuberta (7 páxinas)
  • Memoria do ano 1997 (3 páxinas)
  • Escudos das sociedades antecesoras e da actual (3 páxinas)
  • Estatutos (11 páxinas) (fotocopia)

O Secretario da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", Francisco José Fontaíña, envía unha carta o día 16/02/1999 ao Consello da Cultura Galega coa súa revista societaria.

O Presidente, Santos Gastón Juan, e o Secretario, Jorge Calvetti, da sociedade "Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa", envían unha tarxeta postal para felicitar o ano 2005.

Hijos de Arantey y Centro Villamarín Perojano, mutual, cultural y recreativa

Enquisa "Censo cultural galego"

Carta do presidente do Centro Arzuano Mellidense, Manuel Quiroga, ao Consello da Cultura Galega que adxunta contestación á enquisa sobre a actividade cultural da entidade.

Centro Arzuano Mellidense

Carta dirixida ao Consello da Cultura Galega o día 12/04/1991

O Presidente do Círculo Social Valle Miñor, Roberto Hermida Mallo, envía unha carta ao Consello da Cultura Galega en resposta á súa petición de información co fin de confeccionar un censo cultural galego.

Coa carta adxuntan a seguinte documentación:

  • Enquisa da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas (Xunta de Galicia, 1991)
  • Estatuto social (1990)
  • Memoria anual (1989)
  • 3 números do Boletín informativo "Xuntos": n. 10-12 (1990)
  • Reseña de actividades

Círculo social Valle Miñor