Showing 3 results

Archival description
La Unión Mañonesa Antillas Informes
Print preview View:

Correspondencia mantida co apoderado da sociedade na cidade de A Coruña

Correspondencia mantida entre o Presidente da sociedade "La Unión Mañonesa" e o apoderado da sociedade na cidade de A Coruña, José Vidal Fernández, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (22/11/1926)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (22/09/1927)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (17/01/1928)
  • Carta enviada ao apoderado sobre o informe económico (13/09/1928)
  • Xustificante do Banco Pastor (02/03/1929)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (03/04/1929)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (04/05/1929)
  • Carta enviada ao apoderado sobre o informe económico (18/07/1929)
  • Carta enviada polo apoderado cun informe económico (10/09/1929)

La Unión Mañonesa

Correspondencia varia enviada

Correspondencia varia enviada pola sociedade "La Unión Mañonesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada por José Castro a José Novo Bouza con motivo do pago dos recibos (13/04/1926)
  • Carta enviada polo Tesoureiro da sociedade, Francisco Peña, ao Presidente, con motivo da súa renuncia (04/06/1926)
  • Carta enviada polo Presidente da sociedade ao Presidente da Federación Ortegana con motivo dos delegados na Federación (04/04/1929)
  • Carta enviada pola Directiva da sociedade aos socios con motivo dun banquete (17/09/1929)
  • Carta enviada pola Directiva da sociedade aos socios co informe de actividades (20/10/1929)
  • Carta enviada por José Castro ao Presidente da sociedade con motivo da compra de madeira (25/01/1933)
  • Carta enviada pola Directiva da sociedade a José Fernández en testemuña de pésame (23/05/1933)
  • Carta enviada pola Directiva da sociedade a Vicente Díaz Pedre en testemuña de pésame (24/05/1933)

La Unión Mañonesa

La Unión Mañonesa

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Regulamento xeral (1912)
Regulamento da Delegación de Mañón (1916)
Diposicións para a orde interior do colexio (1918)
Regulamento do Panteón (1957)

Conservada en formato dixital e impreso:

21 cartas entre a sociedade e a Delegación en Mañón (1923-1933)
4 cartas entre a sociedade e a Delegación de Ortigueira (1926-1927)
1 carta entre a sociedade e a sociedade "Luz de Riveras del Sor" (1926)
1 carta entre a sociedade e a sociedade "Agrupación Artística Gallega" (1933)
7 cartas relativas ao Cemiterio de Mañón (1925-1934)
3 cartas entre a sociedade e o Comité de Sociedades Españolas de A Habana (1926-1927)
4 cartas entre a sociedade e a Directiva da Federación Agraria de Ortigueira (1926-1927)
1 carta entre a sociedade e a Comisión Organizadora Pro-Monumento a Leandro Pita Sánchez-Boado (1927)
9 cartas entre a sociedade e o apoderado da sociedade na cidade de A Coruña (1926-1929)
4 cartas recibidas (1926-1933)
1 carta entre a sociedade e Julio Dávila (1930)
1 carta entre a sociedade e José Zumalacárregui (1930)
5 cartas enviadas (1926-1933)

Conservada en formato dixital:

Libro de rexistro de socios (1938-1947)

La Unión Mañonesa