Amosando 5 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Subserie Cultura galega
Previsualización da impresión Ver:

Vieiros : Revista do Padroado da Cultura Galega de México

Esta revista cultural de orientación galeguista foi editada polo Padroado da Cultura Galega de México, publicándose só catro números entre 1959 e 1968. A publicación pretende recoller nas súas páxinas «calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura». Colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social.

Ediciós A Nosa Terra edita un volume facsímil no ano 1989, que inclúe:

1959: n. 1
1962: n. 2
1965: n. 3
1968: n. 4

Padroado da cultura galega en México

Novas Lar : Boletín Informativo

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Número conservado en formato papel:

3ª etapa:
2006: abril

Lar Gallego de Pamplona

Lar Gallego de Pamplona : Festas de Sant Yago

Esta publicación está editada con motivo da celebración das festas de Santiago Apóstolo; nela aparece o programa das actividades que organiza a sociedade e inclúen diversos artigos sobre Galicia: cultura, xeografía, costumes, literatura, lingua, etc.

Números conservados en formato papel:

1982
1983
1984
1985
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2004
2005
2006
2009
2010

Lar Gallego de Pamplona

Boletín de Información : Padroado da Cultura Galega de México

Este boletín societario ten un marcado carácter político de orientación nacionalista, reivindicando a autodeterminación para Galicia; recolle nas súas páxinas as actividades que neste sentido se desenvolven na emigración.

Números conservados en formato papel:

1966: n. I
1967: n. II-III

Padroado da cultura galega en México

Arianrhod : Revista del Centro Gallego de Madrid

Esta revista foi creada en 2001 polo Centro Gallego de Madrid coa finalidade de «invitar a socios y no socios, gallegos y no gallegos, y, en definitiva, a todas aquellas personas que tienen alguna relación con Galicia a que conozcan ésta más a fondo; que participen de sus costumbres, ritos y fiestas; que se entusiasmen con su música y folklore y sobre todo, que participen activamente de todo ello a través de nuestra revista».

Números conservados en formato papel:

2001: n. 1-2

Centro Gallego de Madrid