Showing 57 results

Archival description
Bos Aires (Cidade) File Cartas
Print preview View:

5 results with digital objects Show results with digital objects

Carta coa enquisa Censo Cultural

Estanislao Rodríguez Sende, Prosecretario General, e Ramón Berdullas Martínez, Presidente, envían resposta a Manuel Suárez, Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega. Na carta mencionan as fichas Persoas Físicas, Medios de Comunicación e Entidades para cumprimentación do Censo Cultural de Galicia.

A enquisa reflicte os seus datos sobre Entidades.

Asociación Casa de Galicia de Buenos Aires

Correspondencia recibida

Cartas recibidas pola sociedade "Ateneo Curros Enríquez" durante os anos 1944, 1952-1956 e 1958-1970, conservadas en formato microficha.

Ateneo Curros Enríquez

Correspondencia enviada

Cartas enviadas pola sociedade "Ateneo Curros Enríquez" durante os anos 1944, 1952-1956 e 1958-1970, conservadas en formato microficha.

Ateneo Curros Enríquez

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida polo "Círculo Villagarcía de Arosa", conservada en formato microfilme, dos anos:

-1936-1937
-1940-1941

A correspondencia recibida dos anos 1935-1937 consérvase tamén en formato dixital.

Asociación Villagarcía de Arosa

Enquisa "Censo cultural galego"

Carta do presidente do Centro Arzuano Mellidense, Manuel Quiroga, ao Consello da Cultura Galega que adxunta contestación á enquisa sobre a actividade cultural da entidade.

Centro Arzuano Mellidense

Carta de Castelao

1 carta enviada ao Presidente do Centro Betanzos, Juan Suárez, por Castelao, en agradecemento polo seu nomeamento como Presidente Honorario da institución.

Centro Betanzos

Carta á Radio Galega

1 carta enviada polo Presidente da asociación Centro Betanzos, Osvaldo Dans Varela, ao Director da Radio Galega para adxuntarlle o programa de actos conmemorativos do 90º aniversario da entidade.

Adxunta copia dunha carta enviada ao Rector Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela, Darío Villanueva, con motivo do 500 centenario da universidade.

Centro Betanzos

Correspondencia do centro

Correspondencia de "Unión Agrícola de Salceda de Caselas" e do "Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda" dende 1918

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Impresos varios

Impresos varios en formato microfilme e dixitalizados:

  • Recortes de prensa
  • Notas
  • Correspondencia
  • Música
  • Fotografías

Centro Lucense de Buenos Aires

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Centro Villalbés" nos anos 1914-1938, conservada en formato microfilme e dixital:

  • Correspondencia: 1914-1915, 1917-1920, 1921-1938
  • Libros copiadores: 1924-1927, 1930

Centro Villalbés

Correspondencia enviada

Correspondencia enviada pola sociedade "Centro Villalbés" nos anos 1913-1938, conservada en formato microfilme e dixital:

  • Correspondencia: 1914-1915, 1917-1920, 1921-1938
  • Libros copiadores: 1924-1927, 1930

Centro Villalbés

Carta dirixida ao Consello da Cultura Galega o día 12/04/1991

O Presidente do Círculo Social Valle Miñor, Roberto Hermida Mallo, envía unha carta ao Consello da Cultura Galega en resposta á súa petición de información co fin de confeccionar un censo cultural galego.

Coa carta adxuntan a seguinte documentación:

  • Enquisa da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas (Xunta de Galicia, 1991)
  • Estatuto social (1990)
  • Memoria anual (1989)
  • 3 números do Boletín informativo "Xuntos": n. 10-12 (1990)
  • Reseña de actividades

Círculo social Valle Miñor

Cartas enviadas por Carlos Velo Cobelas

Correspondencia enviada por Carlos Velo Cobelas, Presidente do "Padroado de Cultura Galega de México" e Delegado do "Consello de Galiza" en México, a diversos cargos do "Consello de Galiza" en Bos Aires:

  • Alberto Vilanova, Concelleiro do "Consello de Galiza" (31/07/1964), (06/08/1964) e (08/08/1964)
  • Lois Fuentes, Secretario de Goberno e Coordinación (13/11/1964)
  • Antón Alonso Ríos, Secretario Xeral (14/10/1968)

Consello de Galiza

Correspondencia recibida

Correspondencia enviada ao "Consello de Galiza" en Bos Aires por diversas sociedades galegas no exterior durante os anos 1951-1954, conservada en formato papel (fotocopias).

Consello de Galiza

Results 1 to 20 of 57