Showing 49 results

Archival description
Fondos do Arquivo da Emigración Galega España Item Cartas
Print preview View:

1 results with digital objects Show results with digital objects

Carta enviada á Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas

Carta enviada dende o Centro Galego Recreativo-Cultural e.V. de Hannover a Juan Castellano Herrero, da Secretaría Xeral para as relacións coas comunidades galegas da Xunta de Galicia, o día 05/04/1994, para informalo da celebración do I Trofeo Xunta de Galicia, conservada en formato papel (fotocopias).

Centro Gallego de Hannover

Carta dirixida a Manuel Suárez Suárez

Carta enviada pola Secretaria Xeral do Centro de Estudos Galegos, Madel Rosario Albán, ao Secretario do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, o día 12/07/1991, para explicarlle o motivo polo que non respostaron á súa solicitude previa de información, conservada en formato papel.

Centro de Estudos Galegos de Salvador de Bahia

Carta convidando a un acto

Carta do Presidente da Asociación, Reginaldo Trigo Carreiro, enviada o 14/10/2005 convidando á celebración dun acto de confraternización interxeracional, conservada en formato papel (fotocopias).

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Carta coa composición da directiva para 2007-2010

Carta do Presidente da Asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, enviada o 28/06/2007 ao Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, coa composición da directiva para o trienio 2007-2010, conservada en formato papel (fotocopias).

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Agrupación artística gallega", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada por José Fernández Prieto, do Café "El Central", o 27/06/1927 para solicitar un exemplar do Regulamento da sociedade

Agrupación artística gallega

Tarxeta postal

Tarxeta postal enviada polo Presidente da "Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descendientes", Antonio Cougil Fernández, conservada en formato papel.

Federación de Sociedades Gallegas de Cuba y sus descendientes

Carta enviada a Pilar Cagiao Vila

Carta enviada o 23/07/2002 por José Francisco Borges López, Presidente de "Puentedeume y su Partido. Sociedad Española de beneficencia y recreo" a Pilar Cagiao Vila, Directora do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, conservada en formato papel.

Puentedeume y su Partido Judicial. Sociedad Española de Beneficencia y Recreo

Correspondencia enviada

Certificado do Secretario da "Sociedad Cultural y Benéfica Unión Barcalesa" ao respecto da cancelación da hipoteca dunha casa no barrio de Vedado (05/12/1949), conservado en formato dixital.

Unión Barcalesa

Carta relativa á construcción dunha fonte e lavadoiro en Caxide

Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada o día 05/05/1933 por veciños de Caxide ao Presidente da sociedade, Avelino Rodríguez, solicitando axuda para a construcción dunha fonte e lavadoiro.
  • Certificado do día 20/05/1934 conforme Manuel Hermo Carballo recibiu un cheque da sociedade para construir a fonte e lavadoiro.

Unión Trivesa

Carta do Alcalde de Viveiro

Carta enviada polo Alcalde de Viveiro, José Marqués, ao representante da sociedade, Justo Taladrid Catá, o día 30/04/1919, sobre a concesión da Cruz de 1ª clase da Orde civil de Beneficencia á sociedade, conservada en formato dixital.

Vivero y su comarca

Circular sobre actividades

Circular enviada pola sociedade "Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua" aos seus socios coas actividades anuais da sociedade (2003), conservada en formato papel (fotocopias).

Hijos del Distrito de Sarria, Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua

Tarxeta postal

Tarxeta postal enviada polo "Centro Galego de Madrid" para felicitar o ano 2005, conservada en formato papel.

Centro Gallego de Madrid

Carta do Presidente

Carta enviada polo Presidente do Centro Galego Nós, Rogelio Martínez Lodos, a Anxos Sumai, da Área de Documentación do Consello da Cultura Galega, o día 09 de febreiro de 2004, para facerlles envío de documentos editados pola sociedade, conservada en formato papel.

Centro Gallego Nós

Results 1 to 20 of 49