Amosando 6 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

Asociación Civil Fillos de Ourense

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Tarxeta postal (2004)
Calendario do ano 2005
Revista "Xuntémonos"
Boletín "Reporte Ourensán"

Conservada en formato dixital:

7 fotografías

Asociación Civil Fillos de Ourense

Calendario

Calendario editado pola Xuntanza Fillos de Ourense en 2005, co emblema societario, conservado en formato papel.

Asociación Civil Fillos de Ourense

Fotografías

Fotografías tomadas en reunións e actos da "Asociación Civil Fillos de Ourense", conservadas en formato dixital:

  • 1 fotografía da Xunta Directiva
  • 1 fotografía do grupo folclórico
  • 2 fotografías dos equipos de fútbol
  • 1 fotografía nunha feria gastronómica
  • 1 fotografía nun magosto
  • 1 fotografía dunha ofrenda floral

Asociación Civil Fillos de Ourense

Reporte Ourensán

Esta publicación societaria está editada pola Xuntanza Fillos de Ourense para informar aos seus socios sobre as súas actividades.

Números conservados en formato papel:

1998: vol. 5 (maio)
2007: [2ª etapa], maio/agosto

Asociación Civil Fillos de Ourense

Tarxeta postal

Tarxeta postal enviada por Xuntanza Fillos de Ourense e Fundaourense como felicitación navideña, cos emblemas societarios, conservada en formato papel.

Asociación Civil Fillos de Ourense

Xuntémonos

Esta publicación societaria editouse para homenaxear á banda de gaitas da sociedade Xuntanza Fillos de Ourense en Venezuela. Fan un percorrido polos membros do grupo folclórico galego e pola súa andaina artística, facendo un especial fincapé pola súa visita a Galicia no ano 2000 con motivo do Campionato Liga Galega de Bandas de Gaitas. Destacan sobre todo a súa visita a numerosos concellos ourensáns nos que actuaron para os seus paisanos; así como a súa participación na toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia de Manuel Fraga.

Número conservado en formato papel:

2001: n. 1 (ed. especial)

Asociación Civil Fillos de Ourense