Amosando 9 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

Actas da Comisión Executiva

Actas das reunións da Comisión Executiva da Federación de Sociedades Galegas na Suiza, conservadas en formato papel:

  • 1980: 29 de marzo; 10 de maio; 14 de setembro; 18 e 29 de novembro; 6 de decembro
  • 1981: 24 de xaneiro; 14 de febreiro; 14 de marzo; 11 de abril; 21 de novembro

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Circular enviada aos centros que conforman a Federación

Circular enviada polo Vicepresidente da Federación de Sociedades Galegas na Suiza, José Pereira, aos centros que a conforman para informalos do acordo adoptado na Asemblea de Delegados celebrada en Xenebra o día 14 de marzo de 1981. Nesa Asemblea acordouse celebrar en Lausanne o Día de Galicia na Suiza nos días 4 e 5 de xullo. Para a súa celebración insta a creación dunha comisión en cada centro participante e á súa comunicación inmediata co obxectivo de convocar unha xuntanza a nivel nacional.

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Diáspora : revista da Federación de Sociedades Galegas na Suíza

Esta revista societaria foi editada para informar da situación da colectividade galega e particularmente das entidades federadas (historia, actividades, congresos, etc.). Conceden unha especial atención aos temas de Galicia, así o primeiro número está dedicado a Eduardo Blanco Amor, mentres que o número dous contén diversos artigos sobre a emigración reproducidos de «A Nosa Terra». Outros traballos versan sobre a situación da lingua galega, o sindicalismo, a crise laboral en Suíza, as pensións para os emigrantes, etc. Completan a publicación páxinas de pasatempos.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1 (fotocopias)
1997: n. 2
1999: n. 3
2004: n. 4
2005: n. 5
2006: n. 6

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Emblema societario

Emblema societario enviado pola Federación de Sociedades Galegas na Suiza ao Consello da Cultura Galega, conservado en formato papel.

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Enquisa "As sociedades galegas no mundo"

Enquisa "As sociedades galegas no mundo" cuberta pola Federación de Sociedades Galegas na Suiza a iniciativa do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (19/05/1999), conservada en formato papel.

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Estatutos conservados en formato papel:

  • Edición bilingüe galego-castelán do proxecto de Estatutos da Federación de Asociacións Galegas na Suiza (FAGS) (03/1973), 12 páxinas
  • Borrador de Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza (FSGS), coa proposta de modificacións da sociedade Galicia Hoxe Grupo Cultural Galego (1980).
  • Estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suiza aprobados no III Congreso celebrado en Lausana (26/05/1985), 5 páxinas (fotocopias)

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinais):

Estatutos da FAGS (1973)
Actas das reunións da Comisión Executiva (1980-1981)
Circular enviada aos centros que conforman a Federación
Enquisa "As sociedades galegas no mundo" (1999)
Folleto do I Día de Galicia en Suiza (1981)
Folleto: Arte e cultura de Galicia (1983)
Folleto da representación do "Ballet Gallego Rey de Viana" (1983)
Folleto e folla voandeira do Día de Galicia en Suiza (1985)
Políptico: Arte e cultura da Galiza (1986)
Díptico do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura da Galiza (1986)
Díptico co dossier de prensa do programa Arte e cultura da Galiza e do grupo Milladoiro (1986)
Folleto do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura de Galiza (1987)
Folleto do Día das Letras Galegas (1988)
Folleto do Día da Patria Galega (1990)
Emblema societario
Revista "Diáspora : revista da Federación de Sociedades Galegas na Suíza"
Boletín "Letras Galegas"

Conservada en formato papel (fotocopias):

Estatutos da FSGS (1985)
Circular enviada aos centros que conforman a Federación (1981)

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Folletos de actividades culturais

Folletos cos programas de actividades culturais organizadas pola Federación de Sociedades Galegas na Suiza, conservados en formato papel:

  • Folleto do I Día de Galicia en Suiza (04-05/07/1981)
  • Folleto: Arte e cultura de Galicia (05/1983)
  • Folleto da representación do "Ballet Gallego Rey de Viana" (21/05/1983) dentro do ciclo Arte e cultura de Galicia (05/1983)
  • Folleto e folla voandeira do Día de Galicia en Suiza (05/1985)
  • Políptico: Arte e cultura da Galiza (05/1986)
  • Díptico do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura da Galiza (05/1986)
  • Díptico co dossier de prensa do programa Arte e cultura da Galiza e do grupo Milladoiro (05/1986)
  • Folleto do Día das Letras Galegas, Arte e Cultura de Galiza (04-12/1987)
  • Folleto do Día das Letras Galegas (05/1988)
  • Folleto do Día da Patria Galega (23-24/06/1990)

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Letras Galegas

Boletín editado pola Federación de Sociedades Galegas na Suiza coa colaboración da Xunta de Galicia, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.

Número conservado en formato papel:

2004

Federación de Sociedades Galegas na Suiza