Amosando 3 resultados

Descrición arquivística
Sociedad fomento de Porriño y su distrito
Previsualización da impresión Ver:

Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y sus distritos

Esta publicación societaria está destinada a informar aos seus socios dos asuntos internos da institución (nómina de socios, memorias anuais, asembleas, proxecto de estatutos, balances económicos, novas sociais, falecementos, etc.). Tras a fusión de varias sociedades de emigrantes naturais de Porriño pasa a denominarse «Boletín de la Sociedad Residentes del Municipio de Porriño y sus distritos». Recolle outras novas de interese para os asociados e informa dos proxectos impulsados en Galicia pola sociedade (escolas, bibliotecas, etc.), ou noticias da actualidade de España, de Galicia e particularmente da súa comarca (sección «De Porriño»), nas que se manifesta o apoio ao movemento agrarista e o seu republicanismo. Por último, cabe citar a inserción de colaboracións literarias, artigos de carácter divulgativo relativos á educación, á cooperación, etc.

Números conservados en papel:

Orixinais:

1935: n. 58-59
1936: n. 64
1937: n. 66

Fotocopias:

1928: n. 29
1929: n. 30-33, 35
1930: n. 36-41
1931: n. 42-43, 45
1932: n. 46-48
1933: n. 50-53
1934: n. 54-57
1935: n. 58-60

Números conservados en microfilme:

1928: n. 29
1929: n. 30-33, 35
1930: n. 36-41
1931: n. 42-45
1932: n. 46-48
1933: n. 50-53
1934: n. 54-57
1935: n. 58-60

Sociedad fomento de Porriño y su distrito

Sociedad fomento de Porriño y su distrito

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Folleto da presentación da película "Porriño en Buenos Aires"

Conservada en formato papel e en microfilme:

"Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y sus distritos"

Sociedad fomento de Porriño y su distrito