Amosando 4 resultados

Descrición arquivística
Agrupación Cultural Galega Saudade
Previsualización da impresión Ver:

Agrupación Cultural Galega Saudade

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Folleto da "Gala XXV aniversario : espectáculo de música e baile" (2007)
Revista "Saudade Xove : Revista para galegos sen fronteiras"
Revista "Saudade : Agrupación Cultural Galega"

Agrupación Cultural Galega Saudade

Saudade : Agrupación Cultural Galega

Revista societaria que, como din no seu editorial do nº. 2 recolle "o espírito da nosa antecesora "Saudade Xove", converténdose no voceiro social da entidade do mesmo nome. Foi creada para manter informados aos seus socios das diversas actividades culturais organizadas pola entidade e tamén aparecen noticias xerais sobre Galicia e Cataluña: "A vontade desta revista é sobre todo encher o tempo de lecer de aqueles lectores que a poidan ter nas súas mans. Intentaremos ofrecerlles en cada número temas de actualidade, con entrevistas a músicos, escritores, políticos que poidan aportar a súa opinión, artigos que nos acheguen temas de toda índole, historia, xeografía, literatura, turismo etc., para descubrir aspectos da realidade galega dos que ás veces non nos decatamos, e tamén estarán presentes as actividades que a nosa agrupación está a facer".

Números conservados en formato papel:

2002: n. 2
2004: n. 3
2005: n. 4
2006: n. 5
2008: n. 6 (XXV anos de historia)

Agrupación Cultural Galega Saudade

Saudade Xove : Revista para galegos sen fronteiras

Esta revista de difusión interna está escrita pola xuventude da Agrupación Saudade, co obxectivo de achegar a cultura galega aos emigrantes de Cataluña. Inclúe artigos sobre literatura, historia, lingua, tradicións, turismo e gastronomía, que se completan con páxinas de ocio.

Número conservado en formato papel:

1996: n. 1

Agrupación Cultural Galega Saudade