Amosando 6 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Centro Unión Orensana de La Habana Cuba
Previsualización da impresión Ver:

Carta coa enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada polo Presidente do "Centro Unión Orensana de La Habana", Xosé Manuel Docampo, á Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, María Xosé Rodríguez Galdo, na que responda á súa solicitude de información sobre a sociedade "Unión Orensana" e indica que en xuño de 1994 foi encargado da Comisión Organizadora do seu rescate, cando pasaría a chamarse "Centro Unión Orensana de La Habana". Envía o regulamento vixente no momento de escribir a carta, o regulamento de 1940, emblemas antigo e actual, relación de actividades realizadas en 1996 e a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta.

Centro Unión Orensana de La Habana

Centro Unión Orensana de La Habana

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Regulamento (1940) (fotocopias)
Regulamento (1995) (fotocopias)
1 carta e 1 enquisa
1 memoria
2 emblemas
Boletín "Orensanos : Boletín del Centro Unión Oresana de La Habana"
Memoria "El Orensano"

Centro Unión Orensana de La Habana

Documentación mutualista

Documentación mutualista do "Centro Unión Orensana de La Habana" conservada en formato papel:

  • Memoria de actividades realizadas durante o ano 1996
  • Emblema societario utilizado durante as décadas 1930-1940
  • Emblema societario utilizado dende 1995

Centro Unión Orensana de La Habana

El Orensano

Publicación do "Centro Unión Orensana de La Habana" xurdida no ano 2010 para recoller anualmente a memoria e balance económico do exercicio anterior.

Número conservado en formato papel:

  • 2010: n. 1

Centro Unión Orensana de La Habana

Regulamentos

Regulamentos conservados en formato papel (fotocopias):

  • Regulamento da asociación "Unión Orensana" aprobado o 27/02/1940 (35 páxinas)
  • Regulamento da asociación "Centro Unión Orensana de La Habana" certificado o 02/05/1995 (19 páxinas)

Centro Unión Orensana de La Habana