Amosando 8 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Unión Trivesa Cuba Unidade documental composta
Previsualización da impresión Ver:

Regulamentos

Regulamentos da sociedade:

  • Regulamento da "Sociedad de Instrucción, Protección y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 23/07/1928, conservada versión mecanografada en formato dixital e impreso e versión impresa en formato papel (orixinal).
  • Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 29/12/1941, conservada versión impresa en formato papel (orixinal).
  • Regulamento da "Sociedad de Beneficencia y Recreo Unión Trivesa" aprobado o 03/03/1984, conservada versión mecanografada en formato papel (fotocopias tamaño A3).

Unión Trivesa

Modelos societarios

Modelos da sociedade "Unión Trivesa", conservados en formato dixital:

  • Modelo de diploma
  • Modelo de convite á reunión da Xunta Directiva
  • Modelo de solicitude de ingreso

Unión Trivesa

Libros de contabilidade

Libros de contabilidade da sociedade "Unión Trivesa", conservados en formato dixital:

  • Libro de caixa dende 01/1924 ata 12/1927: dixitalizados só algúns exemplos (5 páxinas)
  • Libro de caixa dende 01/1939 ata 02/1959: dixitalizado o ano 1939 (14 follas)

Unión Trivesa

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Trives y su Comarca", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro con 24 actas das reunións das Xuntas Directivas dende o 13/07/1921 ata o 28/04/1923 (27 páxinas)
  • Libro copiador das 54 actas das Xuntas Directivas e Xeral, ordinarias e extraordinarias, dende o 29/12/1923 ata 21/12/1927 (38 páxinas)
  • Libro coas actas 155 a 211 das reunións das Xuntas Directivas dende o 03/01/1928 ata 04/1965: dixitalizado ata o 19/12/1940 (137 páxinas)

Unión Trivesa

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de Actas da sociedade "Trives y su Comarca", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro con 13 actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios dende o 12/06/1921 ata o 16/01/1923 (16 páxinas)
  • Libro copiador das 54 actas das Xuntas Directivas e Xeral, ordinarias e extraordinarias, dende o 29/12/1923 ata 21/12/1927 (38 páxinas)
  • Libro con 51 actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios dende o 09/01/1928 ata 28/04/1940 (77 páxinas)

Unión Trivesa

Fotografías

Fotografías da sociedade "Unión Trivesa", conservadas en formato dixital:

  • 1 fotografía da Xunta Directiva (1932)
  • 3 fotografías do Comité de Damas
  • 2 fotografías de Arboiro (1933)
  • 2 postais e 2 fotografías da fonte e lavadoiro en San Xoan de Río, Arboiro (1933)
  • 1 fotografía do Panteón no Cemiterio de Colón (1941)

Unión Trivesa

Cartas relativas aos socios

Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada o día 26/06/1946 pola socia Escolástica Sánchez ao Presidente da sociedade, Julio Rodríguez Blanco, en agradecemento pola súa atención durante un período de enfermidade.
  • Listaxe de compoñentes do Comité de Damas da sociedade.

Unión Trivesa

Cartas relativas ao apoio á República

Correspondencia da sociedade "Unión Trivesa", conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada o día 30/08/1942 polo Secretario da sociedade, Adolfo Pérez, ao Presidente do Comité Xestor de Axuda ás Democracias, confirmando á súa contribución económica na causa.
  • Certificado do día 30/08/1942 conforme Juan Varela Grande, Presidente do "Centro Gallego", recibiu un donativo da sociedade para o Comité Xestor de Axuda ás Democracias.
  • Carta enviada o día 15/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Presidente de "Unión Orensana", Arturo Pérez, para invitalo a unha función de cine.
  • Carta e programa enviados o día 18/11/1944 ao Presidente da sociedade polo Secretario Xeral do Centro de Divulgación Social, para invitalo á conferencia de Enrique López Alarcón do día 20/11/1944.
  • Carta enviada en 1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para felicitalo polo número de delegados designados para a convención.
  • Carta e manifesto enviados o día 30/07/1945 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, para facerlle chegar o manifesto relativo á convención dos días 14-15/09/1945.
  • Carta e programa enviados o día 29/06/1946 polo Presidente da Casa da Cultura na Habana, Pedro Cavia, ao Presidente da sociedade, relativos ao V Congreso Nacional da Casa da Cultura titulado "Unidad y lucha por la República Española".
  • Circular enviada en xuño de 1946 relativa á celebración do Congreso por parte da Convención Nacional Democrática Pro República Española.
  • Carta enviada en agosto de 1946 polo Secretario da Comisión Organizadora da Convención Nacional Democrática Pro República Española, Francisco Masiques, ao Presidente da sociedade, coa relación de delegados.

Unión Trivesa