Carta asinada polo Secretario, Xosé Pérez Ríos, e o Presidente, Miguel Palomo López, do "Centro Gallego de Bruselas", enviada o 11/04/1991 ao Consello da Cultura Galega, en resposta á súa solicitude de información, remitindo documentación societaria, conservada en formato papel.
Carta enviada o 07/04/1991 por Alberte Sanmartín, Delegado de Cultura do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, ao consello da Cultura Galega, para achegarlles a seguinte documentación en formato papel:
Memoria e fins societarios
Enquisa "Entidades" para elaborar o censo cultural
Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o censo cultural
Correspondencia da sociedade conservada en formato dixital e impreso:
Libro de rexistro da correspondencia mantida pola sociedade "Progreso de Coles", na súa meirande parte coa sociedade "Agricultores de Coles", dende o 14/11/1910 ata o 14/10/1917 (84 páxinas): dixitalizado incompleto
Convite á reunión do "Centro Gallego de La Habana" do 17/08/1942
Convite á reunión da "Sociedad de Instrucción Progreso de Coles" do 04/09/1942
Carta enviada polo secretario do "Centro Lalín de Buenos Aires" o día 21/10/1982 ao Presidente da Sociedade "Hijos de Golada" informando sobre a creación do centro e a súa posible adhesión.
Correspondencia enviada pola sociedade "Unión Progresista del Distrito de Covelo" conservada en formato microfilme e dixital nos anos 1928-1942, 1944-1948, 1951-1953
O Secretario Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Fernando Amarelo de Castro, acusa recibo dunha carta previa do Presidente da asociación Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, Francisco Rodríguez González, na que daba conta da nova composición da Xunta Directiva da institución.
Juventud de Viana, Trives y Valdeorras, asociación cultural, social y recreativa
Carta enviada polo Presidente do "Centro Gallego de Madrid", Xosé Cimadevila Covelo, ao Secretario Técnico do Consello da Cultura Galega, Manuel Suárez Suárez, en resposta á súa solicitude previa de información.
Xunto coa carta envían a enquisa "Censo Cultural" cuberta.
Carta do Presidente de "Lar Gallego de Pamplona", Rogelio Díaz Fernández, dirixida ao Director de Radio Galicia en xullo de 1996, para enviarlle o número vixente da revista que editan e convidarlle ao actos organizados con motivo da festividade de Santiago Apóstol, conservada en formato papel.