Amosando 5662 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Previsualización da impresión Ver:

77 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Centro Benéfico Social Hijos del Partido de la Estrada

Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.

Número conservado en formato papel:

1981: 22º aniversario

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Lar Gallego de Caracas

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato dixital:

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1945-1950)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1950-1953)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1953-1957)
Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas (1957-1959)
Libro de Actas das reunións das Asembleas de Socios (1945-1956)
Libro de Actas das reunións das Asembleas de Socios (1956-1960)

Lar Gallego de Caracas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas de "Lar Gallego" conservados en formato dixital:

  • Libro con 110 actas dende o 24/04/1945 ata o 22/03/1950 (160 páxinas)
  • Libro coas actas 111 a 257 dende o 15/04/1950 ata o 01/07/1953 (200 páxinas)
  • Libro coas actas 258 a 419 dende o 08/07/1953 ata o 09/01/1957 (300 páxinas)
  • Libro coas actas 420 a 522 dende o 11/01/1957 ata o 17/03/1959 (199 páxinas)

Lar Gallego de Caracas

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de Actas das reunións das Asembleas de Socios de "Lar Gallego" conservados en formato dixital:

  • Libro de actas dende o 15/04/1945 ata o 17/06/1956 (160 páxinas)
  • Libro de actas dende o 25/07/1956 ata o 22/05/1960 (103 páxinas)

Lar Gallego de Caracas

Carta de Eduardo Blanco-Amor

Eduardo Blanco-Amor envía unha carta ao Secretario Xeral da "Unión Provincial Orensana" dándolle conta da súa estadía en Ourense e a súa visita á "Escuela Laica Neutral" da cidade.

1 carta (fotocopia)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Carta dirixida a Eduardo Blanco-Amor

O Secretario da Asociación envía unha carta a Eduardo Blanco-Amor o día 24 de maio de 1927 para notificarlle a decisión que se tomou en Asamblea Xeral do día 16 de abril de dar un voto de censura.

1 carta manuscrita (copia)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Carta dirixida a Eduardo Blanco-Amor

O Secretario da Asociación envía unha carta a Eduardo Blanco-Amor o día 22 de maio de 1927 en contestación á recibida o día 8 explicándolle as condiciones que deben darse para que se podan levar a cabo as súas peticións e desestimando a súa renuncia como socio.

1 carta manuscrita (copia)

Federación de sociedades gallegas de la república Argentina

Documentación das Asociacións de Emigrantes

Unha das finalidades do AEG consiste na recuperación, salvagarda e difusión do patrimonio documental precedente das asociacións ou centros galegos espallados polo mundo. Esta labor desenvólvese de maneira sistemática desde o ano 2003 e resulta primordial para evitar o deterioro ou extravío da documentación societaria xerada polas entidades de emigrantes galegos e galegas, tanto no Exterior como no resto de comunidades autónomas. Mediante a difusión do patrimonio documental e gráfico cúmprese o fiel compromiso de poñer dito patrimonio á disposición dos usuarios para a súa consulta e reprodución, pois constitúe unha valiosa fonte de información.

Este fondo documental comprende documentación de distinta índole, como por exemplo: estatutos, libros de actas das xuntas directivas, libros de socios, correspondencia, memorias sociais, folletos con información sobre as distintas actividades societarias etc. Os soportes documentais obedecen tanto a versións orixinais, como a dixitalizacións ou copia xerográfica.
A colaboración dos distintos responsables políticos en materia de emigración da Xunta de Galicia fixo posible a realización deste proxecto do AEG.

Resultados 5541 a 5560 de 5662