Amosando 704 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Subserie
Previsualización da impresión Ver:

3 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Umia y Lérez : Órgano de la Sociedad Residentes del Ayuntamiento de Forcarey en el Plata. Pro cultura y protección

Esta revista foi o órgano oficial da sociedade editora para informar do seu labor societario. Contén ademais artigos de carácter político sobre a situación galega cunha clara orientación republicana e autonomista e aparecen colaboracións literarias e artigos divulgativos. Inclúe tamén artigos sobre a actualidade da comarca («Noticias de Forcarey») e novas sociais.

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1935: n. 148

Residentes del ayuntamiento de Forcarey en el Plata

Unibero : Boletim Informativo

Este boletín informativo está editado para informar aos alumnos dos cursos aos que poden matricularse e da organización dunha viaxe cultural e educativa a España; ademais comenta as diversas actividades do Departamento de Español da IBERO, artigos sobre temas de interese para os seus estudiantes, entrevistas a profesores sobre as súas investigacións, traballos literarios, etc.

Números conservados en formato papel:

1998: n. 41, 43, 45, 45 (n. especial)

Centro hispano-brasileiro de cultura

Unión de Teo y Vedra : Órgano oficial de las Sociedades Agrarias de Teo y Vedra

Esta revista societaria está editada polas sociedades agrarias da comarca de Teo para informar da vida interna destas asociacións e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan (Agrupación Auxiliar del Centro Republicano de Teo, Centro Residentes de Teo, Residentes de Calo en Sudamérica, Residentes de Cacheiras en Buenos Aires, Progreso y Cultura de Vedra, Unión Residentes de Luou, Agrupación Protectora de la Biblioteca Popular de Luou, etc.). Presta unha especial atención ás noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca recollidas en numerosas seccións co nome de «Crónicas» ou «Informaciones», onde se aborda a problemática local desde postulados agraristas, denunciando as manipulacións políticas caciquís e do clero. Por último recolle notas de sociedade (nacementos, vodas, viaxeiros, etc.) e colaboracións literarias.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1927 (n. 206)
1929 (n. 230, 235)
1930 (n. 236, 238, 241-247)
1931 (n. 249-259)
1932 (n. 271-271 bis)
1933 (n. 272-283)
1934 (n. 284-295)
1935 (n. 296-300, 302-307)
1936 (n. 308-314)
1943 (n. 400-401)
1955 (n. 512-513)
1956 (n. 516-517)
1957 (n. 519, 521-522)
1962 (n. 535)
1965 (n. 539)
1971 (n. 543)
1973 (n. 545)

Números conservados en formato facsímil ou dixital:

1951: n. 491/492
1952: n. 500
1953: n. 503, 505
1954: n. 507-508, 510
1955: n. 514
1956: n. 515

Federación de residentes de Teo en Sudamérica

Unión Estradense : Instrucción-Fomento-Cooperación

Prensa societaria dedicada principalmente a informar das actividades da Unión Estradense e achegar a actualidade do concello da Estrada aos emigrantes naturais da zona que residían en Bos Aires. Contén ademais, algunha colaboración literaria, artigos de opinión, traballos sobre diversos aspectos da cultura galega e a emigración en xeral.

Números conservados en formato microfilme:

  • 1929: n. 11-[12], 14

Unión estradense

Unión Gallega

Esta publicación foi editada pola agrupación do mesmo nome do Centro Gallego, con motivo das eleccións á asemblea de representantes da institución. Os contidos da revista circunscríbense a esta finalidade, reproducindo o programa electoral, unha nota biográfica dos candidatos e unha síntese do labor realizado pola agrupación no mandato anterior. Á parte da publicación electoral, ás veces sae algún número extraordinario con motivo dalgún acontecemento especial, como o correspondente a abril de 1988, editado con motivo do 50 aniversario da agrupación.

Número en papel: 1988 (abril)

Centro Gallego de Buenos Aires

Unión Mugardesa de Instrucción

Esta publicación societaria foi editada pola sociedade Unión Mugardesa para informar aos seus asociados das diferentes actividades organizadas pola entidade en pro da instrución na súa terra natal, prioridade da sociedade, ademais de salientar todo o que acontecía na súa terra natal.

Números conservados en formato dixital e impreso:

1918: n. 4 (extraordinario)
1922: n. 5-6

Unión Mugardesa

Vagalume

Esta revista foi editada coa finalidade de difundir as actividades desenvolvidas pola entidade editora, a vida societaria en xeral (sección «Noticieiro do Centro»). O resto da publicación contén traballos culturais de carácter diverso, notas históricas, económicas e novas da actualidade galega.

Número conservado en formato papel:

1981: n. 0

Centro Gallego de Vizcaya en Baracaldo

Vedra Hoxe : Publicación de la Sociedad Parroquial de Vedra

Publicación societaria que informa das actividades e dos fins da entidade editora para informar da actualidade nesta comarca; conta tamén con artigos divulgativos, informacións de interese para os emigrantes, traballos sobre Galicia e o concello de Vedra, páxinas de entretemento e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

Orixinal:

1993: n. 4
1994: n. 5-6, 8
1995: n. 9-10
1996: n. 12, 14
1997: n. 16, 17
1998: n. 18-19
1999: n. 20
2000: n. 21-22
2001: n. 23-24
2002: n. 25-27
2003: n. 28-29
2004: n. 30
2005: n. 31
2006: n. 34
2009: n. 37

Fotocopia:

1993: n. 1-4
1994: n. 5-8
1995: n. 9-11
1996: n. 12-14
1997: n. 15

Sociedad parroquial de Vedra de mutualidad y cultura

Vento do leste : Revista de Cultura, Arte e Sociedade

Esta revista cultural pretende «recolle-las inquedanzas dos galegos a través dos distintos Centros e Sociedades culturais e interrelacionarnos e propiciar un maior coñecemento da nosa cultura, da nosa historia e da nosa sociedade». Contén información sobre a colectividade galega en Cataluña e as súas sociedades, noticias sobre Galicia, e outras colectividades emigradas. Complétase con artigos sobre cultura galega en xeral: literatura, arte, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 0
1994: n. 1
1995: n. 2
1996: n. 3
2001: n. 8
2002: n. 9
2003: n. 10
2004: n. 11
2005: n. 12
2007: n. 14

Federación de entidades culturales gallegas en Catalunya

Vida carnotana : Boletín oficial del Centro social de recreo y cultura "Hijos del ayuntamiento de Carnota"

Boletín oficial editado pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Carnota para informar aos seus socios das actividades da sociedade, aparecendo noticias do seu concello natal e de Galicia.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1943: n. 8

Números conservados en formato dixital:

  • 1943: n. 8
  • 1949: n. 15

Hijos del ayuntamiento de Carnota

Vida gallega : órgano oficial de la Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Esta publicación foi o voceiro da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia desde 1938 e ata 1954, e estivo dirixido por Antonio do Campo de la Fuente. Podemos encadrala como prensa societaria onde se describen as actividades da institución patrocinadora, completadas con diversos artigos sobre a historia, literatura e cultura galegas. Moitos deses artigos estiveron asinados por destacados literatos como María Pérez Gago, Antonio Rey, Ramón Fernández Mato, Rosalía de Castro, Manuel Carmona, Francisco Marcos Raña, Josefina Camaño, Ramón M.ª del Valle-Inclán, E. Fernández Arrondo, José Rubianes, José Ramón Suárez Castiello, Ramón Marcote Miñarzo (Marco Aurelio), José López Pérez, Mouriño ou A. do Campo.

Números conservados en formato papel:

1938: n. 7 (extraordinario)
1939: n. 20 (extraordinario)
1940: n. 32 (extraordinario)
1941: n. 37/38 (extraordinario), n. 41 (extraordinario)
1942: n. 47, 49 (extraordinario)
1943: n. 59/61 (extraordinario)
1944: [s.n.] (extraordinario)
1945: n. 74/75 (extraordinario, supl.)

Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia

Vieiros : Revista do Padroado da Cultura Galega de México

Esta revista cultural de orientación galeguista foi editada polo Padroado da Cultura Galega de México, publicándose só catro números entre 1959 e 1968. A publicación pretende recoller nas súas páxinas «calquera idea literaria artística, filosófica, sempre que fose antifascista e non se apoiase na ditadura». Colaboraron nela importantes personalidades da Galicia interior e exterior, que abordaban a realidade galega nos seus diferentes ámbitos: cultural, político, económico e social.

Ediciós A Nosa Terra edita un volume facsímil no ano 1989, que inclúe:

1959: n. 1
1962: n. 2
1965: n. 3
1968: n. 4

Padroado da cultura galega en México

Vigo en Buenos Aires

A Asociación Mutualista Residentes de Vigo en Buenos Aires, fundada en 1918, edita dúas publicacións con motivo do seu 50º e 75º aniversario fundacional. As revistas inclúen artigos referidos á Sociedade e a súa historia, programas de actos e unha descrición das actividades realizadas pola institución e destaca datas conmemorativas de Galicia como o Día de Galicia, Día das Letras Galegas, Dia do Estatuto, etc. Contén ademais informacións sobre a situación actual de Vigo e Galicia, e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

1968: Cincuentenario (44 páxinas)
1993: Bodas de diamante (104 páxinas)

Asociación mutualista Residentes de Vigo

Vivero en Cuba : Revista de la Ilma. Sociedad Vivero y su comarca

Esta publicación societaria comezou a editarse en 1911 como voceiro da sociedade de instrución Vivero y su comarca. Esta revista responde ao arquetipo das publicacións de sociedades: descrición das súas actividades, noticias da comarca, artigos diversos sobre Galicia, notas sociais e páxinas literarias. Tiveron como lema da publicación os seguintes ditos tomados de insignes reformadores como «Cada escuela que se abre, es una cárcel que se cierra», «Instruirse es una obligación», «El salvador fue maestro», «La instrucción es de necesidad pública» (Concepción Arenal) «El primer deber de un ciudadano es instruirse. El segundo es trabajar. Quien funda una escuela civiliza. Quien educa hombres hace patria» (J. N. Aramburu).
Estivo dirixida por Jesús Peynó, Francisco Docal, M. Barreiro, F. Almoina, X. Del Valle Mora, A. Fernández e foron colaboradores habituais J. M. Riguera Montero, Constantino Horta, José del Valle Moré, Perfecto Cobo García, Vicente Otero Cao, E. Saavedra L, P. M. T., Pascual Ramos, Andrés Prieto, Francisco Docal, José T. Pit, Miguel Roldán, Enrique Chao Espina, Alberto Michelena, Perfecto Guerreiro Santín, José Rivas y Pernas, Eduardo Núñez Martínez, D'Arxellas, Jorge Castelo Briz, Blanca Espinar ou César Michelena Rebellón.

Número conservado en formato dixital e impreso:

1954: maio

Vivero y su comarca

Voceiro da S.G. Sementeira

Este boletín societario foi editado como voceiro oficial para informar aos seus socios das actividades e vida societaria. Conta ademais con variedade de artigos sobre Galicia.

Número conservado en formato papel:

1990: n. 14

Sociedad Gallega Sementeira

Xa : Revista de Cultura Gallega

Esta publicación cultural foi editada pola sociedade cultural Xeito Novo para achegar aos galegos de Bos Aires á realidade galega. A revista estructúrase en seccións como: «Libros», «Actividade Cultural», «Música», «Idioma», «Costumbres» ou «Cine», que aproximan ao lector a diferentes aspectos da cultura galega, así como ás actividades realizadas na colectividade emigrada. Outro eixe básico é a recuperación da memoria histórica da emigración («Testimonios», «Memoria», etc.). Noutras seccións abórdanse temas como a actualidade de Galicia, a gastronomía, rutas turísticas, a emigración, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1
1994: n. 2-4

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Xeito Novo : Galiza Sempre

Publicación societaria editada pola Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega.

Número conservado en formato papel:

1991

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Xerme : Voceiro do Movemento Nova Galiza

Esta revista política nacionalista xorde co obxectivo manifesto de loitar pola cultura galega, o idioma, os costumes e o dereito a ser galegos nunha Galicia próspera, sen emigración e independente do Estado español. Contén artigos, notas e outro tipo de escritos de carácter histórico, cultural, económico e político relativos a Galicia. Complétase cunha serie de noticias arredor da nosa terra e das colectividades galegas no exterior, e con seccións musicais, deportivas e de humor, entre outras.

Números conservados en formato papel:

1980: n. 22
1981: n. 35-36, 38-39
1982: n. 41-42, 44-45

Hermandad Gallega de Venezuela

Xornada das Letras Galegas

Publicación societaria na que se informa sobre as diversas actividades da entidade, ademais de contar con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Números conservados en formato papel:

1989: V xornada
1990: VI xornada
1994: X xornada
1996: XII xornada
1997: XIII xornada
1998: XIV xornada
2000: XVI xornada
2001: XVII xornada
2002: XVIII xornada
2003: XIX xornada
2004: XX xornada
2005: XXI xornada
2006: XXII xornada
2010: XXVI xornada

Centro Gallego de Ermua

Xornal d'a Nosa Galiza

Revista societaria que no seu editorial proclama "a percura do millor galego esquirto que nos sexa posible é unha das preocupazóns dos que redaitamos iste xornal". Consta de varias seccións: "Literatura" con biografías de autores galegos recoñecidos, informacións sobre libros e tamén sobre teatro e poesía; "economía" sobre a situación actual de Galicia; a vida societaria, directivas, o balance económico da entidade e as actividades organizadas para os socios; ademais hai artigos sobre temas que poden interesar aos socios e a colectividade emigrada, reproducións de artigos publicados na prensa galega, debuxos de Castelao, etc.

Número conservado en formato papel:

1970: n. 2

Sociedade "A Nosa Galiza"

Resultados 681 a 700 de 704