Programas da "Fiesta popular de las nacionalidades y comunidades autónomas" celebrada cada mes de xuño pola Irmandade A Nosa Galiza en Mollet del Vallés, conservados en formato papel:
Díptico da XVII festa de 1996 (213 x 157 mm)
Díptico da XXVIII festa de 2007 (215 x 100 mm)
Folla voandeira da XXXI festa de 2010 (214 x 100 mm)
Carta enviada por Begoña Gómez Hernández, Bibliotecaria da sociedade "Lar Gallego de Pamplona" o día 30/10/1996 a María Xosé Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega, en resposta á súa anterior no que enviaban unha enquisa e solicitude de información societaria.
Adxuntan a enquisa, un número da revista vixente, que incorpora o programa de festas patronais en honor de Santiago Apóstolo e os Estatutos societarios.
Folletos editados pola sociedade "Lar Gallego de Sevilla" para difundir as actividades organizadas con motivo das Xornadas Galegas, conservados en formato papel:
Carta enviada por Gonzálo Fernández Cid, do "Centro Galego de La Rioja", á Directora do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, o día 30/10/1996, para facerlle chegar:
Estatutos
Emblema societario
Memoria de actividades do ano 1996
Enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" cuberta
Carta enviada por José Álvarez Teijeiro, do "Centro Galego de La Rioja", ao Consello da Cultura Galega, o día 06/01/1999, para facerlle chegar a enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (8 páxinas) cuberta, conservadas en formato papel.
Cartas enviadas pola Presidenta do "Centro Galego de La Rioja", Aurora Álvarez Burgué, á Secretaría Xeral de Emigración, para facerlles chegar a súa revista "Novas Nosas", conservadas en formato papel:
Programas das actividades organizadas pola "Sociedad cultural recreativa Carballeira" con motivo do Día de Galicia de 1986 e 1990. O programa de 1986 está grampado ao programa de actividades editado polo "Ayuntamiento de Zarautz" coas actividades programadas para os meses de xuño a outubro.
Cartas recibidas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa ou por asociacións integrantes, conservadas en formato papel:
Carta enviada polo Presidente da Peña Galega de Munich, Modesto Hermida, comunicando que non asistirán á xuntanza dos días 1 e 2 de marzo de 1980 (24/02/1980) (fotocopias)
Carta enviada por Asunción Panizo, do Grupo Cultural Galego de Colonia, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (21/03/1981) (fotocopias)
Carta enviada pola Segredaria do Comité pra Galiza de Holanda, Tereixa González, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
Carta enviada pola Directiva d'O Lar Galego, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (22/03/1981)
Carta enviada polo Cumio da Asociación Cultural Galega O Pote, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
Carta enviada polo Responsable de Asuntos Internos-Esternos da Irmandade Galega O Pote de Zurich, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (24/03/1981)
Carta enviada dende a Irmandade Galega en Suiza, mostrando a súa disconformidade coa visita do Presidente da Xunta de Galicia, Xosé Quiroga Suárez no Día de Galicia na Emigración (25/03/1981)
Carta enviada polo Presidente do Grupo Galego de AARAU, Manoel Baña-Pérez, comunicando que non asistirán á xuntanza do día 11 de abril de 1981 (08/04/1981)
Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando confirmación do cambio de lugar para a xuntaza dos días 6 e 7 de xuño de 1981 (20/04/1981)
Carta enviada dende a Asociación Cultural Galega de Hamburgo solicitando a acta da última xuntanza e o borrador definitivo do Regulamento (15/10/1981)
Cartas enviadas pola Xunta de Organizacións Galegas en Europa ou por asociacións integrantes para convidar a participar nas xornadas ou realizar comunicacións, conservadas en formato papel.