Amosando 227 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Europa Subserie
Previsualización da impresión Ver:

Casas Regionales de España

Esta publicación está publicada como voceiro oficial da Federación editora para informar das diversas actividades das entidades que a configuran e tamén do desenvolvemento do Congreso Mundial que organizan anualmente.

Números conservados en formato papel:

1984: n. 5-6
1986: n. 16 (fotocopias)
2ª época:
1988: n. 24-27
1991
1992

Federación española de casas regionales y provinciales

Centro Benéfico Social Hijos del Partido de la Estrada

Esta publicación foi editada para conmemorar o 22º aniversario fundacional desta sociedade. Realizan unha descrición pormenorizada da historia do centro desde a súa fundación, e un percorrido sobre a xeografía, a cultura e a historia do concello de A Estrada e de Galicia en xeral. Complétase cunha serie de relatos literarios, anécdotas e poesías.

Número conservado en formato papel:

1981: 22º aniversario

Centro Benéfico Social Hijos de La Estrada

Centro Cultural e Recreativo Espanhol

Esta revista societaria foi publicada para informar das actividades aos socios, dedicando grande parte deste número á historia da sociedade editora, ás súas instalacións, directivas, etc.

Número conservado en formato papel:

1975: xullo

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Centro del Distrito de Salceda 1913-Bodas de Oro-1963

Esta publicación societaria foi editada con motivo da celebración do 50º aniversario fundacional da sociedade Centro del Distrito de Salceda de Bos Aires onde informa da súa traxectoria histórica e das actividades organizadas pola entidade.

Centro Protección Agrícola del Distrito de Salceda

Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor : Revista anual de actividades

Esta revista societaria está editada polo Centro Deportivo y Social de Bolos Valle Miñor de Montevideo, para informar aos seus socios anualmente das actividades organizadas. O número correspondente ao ano 1997 está dedicado á celebración do cincuentenario da súa fundación, facendo un percorrido polo seu devir histórico.

Números conservados en formato papel:

1992
1997 (50º aniversario)

Centro deportivo y social de bolos Valle Miñor

Centro Espanhol

Esta publicación societaria está editada polo Centro Espanhol de Salvador de Bahia para informar aos seus socios das diversas actividades realizadas pola entidade, das súas instalacións, dos seus socios etc. Aparecen ademais reportaxes sobre lugares de Galicia e a súa cultura. Está escrita en portugués.

Número conservado en formato papel:

1988: xullo

Centro Espanhol de Salvador de Bahia

Centro Galego de Zug A Nosa Terra : Boletín Informativo

Este boletín societario pretende ofrecer aos galegos residentes en Zug ampla información sobre as actividades do Centro Galego A Nosa Terra, e a política que sobre emigración leva a cabo a Xunta de Galicia, a través de diferentes seccións, editorial, reportaxe e direccións importantes.

Número conservado en formato papel:

1999: 1º semestre

Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”

Centro Galicia de Olten : aniversario

Publicación societaria na que informa aos socios sobre as súas actividades e proxectos. Eles mesmo describen a revista como un "Boletín-historial". No número extraordinario con motivo do 25 aniversario do Centro, creado en 1964, informa das actividades realizadas pola entidade (festivas, folclóricas e deportivas etc.), incorporando unha serie de datos xeográficos sobre Galicia. En 1998 editan un especial dedicado ao décimo aniversario do funcionamento do seu grupo folclórico Aires e Follas da Terra.

Números conservados en formato papel:

1989: XX aniversario
1994: XXV aniversario
1998: X Aniversario Grupo folclórico Aires e Follas

Centro Galicia de Olten

Centro Gallego de Alicante

Esta revista societaria foi creada coa finalidade de dar a coñecer as actividades desenvolvidas polo Centro Galego e contribuír ao espallamento da cultura galega. Inclúe entrevistas e biografías de galegos ilustres, lembranzas e opinións persoais, traballos sobre vilas e lugares de Galicia, artigos sobre a emigración, a arte, a lingua e a literatura galegas, etc. Complétase con colaboracións literarias e artigos sobre a rexión levantina.

Números conservados en formato papel:

1990: n. 1-3
1991: n. 4

Centro Gallego de Alicante

Centro Gallego Gijón

Esta publicación societaria foi editada con carácter anual para commemorar as festas do Apóstolo Santiago. Contén información relativa ao programa de actividades organizadas polo Centro Gallego, con motivo desas datas e unha descrición do seu labor societario. Complétase con diversos artigos relativos a diferentes aspectos da cultura galega: literatura, cultura popular e tradicións, etc.; así como outros traballos de temática máis xeral como medicina, seguridade cidadá, etc. En decembro de 1986 editan un número especial dedicado a Castelao, no centenario do seu nacemento.

Números conservados en formato papel:

1986: decembro
1990: xullo
1991: xullo
1992: xullo
1993: xullo
1994: xullo
1997: xullo

Centro Gallego de Gijón

Chispa : Revista Federal

Esta publicación societaria está editada para informar das actividades da entidade editora e das sociedades que integran dita asociación, ante a colectividade española residente en Suíza tal e como destacan na súa editorial «CHISPA se ocupará de todo aquello que tiene algo que ver con nuestra vida de españoles emigrados; unas veces para presentar sus programas, inquietudes y posiciones propias, otras veces, para recoger todo aquello que viniendo de fuera, tiene relación con el mundo ATEES».

Números conservados en formato papel:

1983: n. 1
1995: novembro/decembro (fotocopias)

Asociación de Trabajadores Españoles Emigrantes en Suiza

Círculo Español : Boletín informativo

Esta publicación societaria foi editada polo Círculo Español de Nova York, para informar aos seus socios da vida societaria da entidade (balance económico, memoria social, actividades, ...). Conta ademais con noticias sobre a situación da colectividade hispana no país, pasatempos e noticias de actualidade.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 32

Círculo Español de Nueva York

Club Español de Niterói : Boletín Informativo del Club Español de Niterói

Este boletín está editado polo Club Español de Niterói para informar aos seus socios das actividades realizadas por esta entidade e tal como indican no seu editorial do número «con el objeto de tener un contacto mayor con nuestros asociados, a fin de poder informarles sobre todo lo que sea de su interés y ponerlo al corriente de los que está ocurriendo en el ámbito español…». Conta ademais con seccións como «Cultural» con reportaxes sobre grandes persoeiros da cultura e da arte españolas, lugares de España, gastronomía, datos sobre os programas de axudas do goberno español e galego, etc.

Números conservados en formato papel:

1999: n. 1-2
2002: n. 3
2003: n. [4] (39º aniversario)

Club espanhol de Niterói

Correo de España : Semanario de la colonia española

Esta publicación foi editada polo Centro Español de Costa Rica para informar á colectividade española alí asentada sobre as noticias que acontecían en España e en todo o mundo (por países) (coas seccións «Noticias de Europa», «América Latina», «Política española», «España. Noticias generales»). Na portada de moitos números aparecen reproducións de monumentos arquitectónicos españois ou de destacados políticos ou prohomes da colectividade; aparecen tamén noticias sobre escritores e actos culturais. Hai que destacar o número extraordinario correspondente ao 12 de outubro de 1908 dedicado á figura de Cristóbal Colón e ao descubrimento de América. Teñen como lema da publicación «Fundado para estrechar los lazos que unen a ambos países».

Números conservados en formato papel (fotocopias):

1908: n. 1-12; 14-18; 20-33
1909: 34-73; 75-76

Centro Español de Costa Rica

Cousas Nosas

Esta revista foi editada polos empregados da Casa de Galicia de Montevideo. O seu primeiro número sae como unha homenaxe aos fundadores da mesma con motivo do seu trinta e nove aniversario fundacional. Céntrase principalmente na información sobre o Club de empregados e, en menor medida, sobre a Casa de Galicia. Contén bastantes artigos sobre Galicia e a súa cultura: literatura, música, as rutas turísticas, lembranzas ou opinións e a traxectoria de galegos na emigración. Por último, inclúe colaboracións literarias de escritores galegos.

Número conservado en formato papel:

1956: n. 1

Casa de Galicia de Montevideo

Cultura Hispánica

Publicación societaria, continuadora de Cultura Gallega, pero que sofre un cambio importante na súa liña editorial, pois abandona a orientación galeguista anterior e pretende "difundir el conocimiento de los valores espirituales de la gran familia hispánica en el mundo, propendiendo particularmente a la mayor identificación entre cubanos y españoles". A revista está centrada nos temas e actividades da Sociedade e, a pesar do cambio de orientación, continúa a tratar aspectos variados da cultura galega: actualidade, historia, literatura, etc.

Números conservados en formato papel:

  • 1958: 2ª época, n. 16 (fotocopias)
  • 1997: 3ª época, xullo/set. (orixinal)

Agrupación artística gallega

Día das Letras Galegas

Este folleto publícase conmemorando as festas de Santiago Apóstolo en Eibar e serve para informar aos socios da Casa de Cultura de Galiza desta localidade vasca do programa das actividades organizadas pola entidade, aparecendo ademais varios artigos e reportaxes de diferentes temas galegos.

Números conservados en formato papel:

1987: [n. 4]
1988: [n. 5]
1989: n. 6
1991: n. 8
1993: n. 10
1996: n. 13
1997: n. 14
1998: n. 15
2000: XVII programa
2001: XVIII programa
2002: XIX programa
2003: XX programa
2004: XXI Día
2005: XXII Día
2006: XXIII Día

Casa Cultural de Galicia de Eibar

Día de Galicia en Euskadi

Publicación societaria editada pola Irmandade de Centros Galegos de Euskadi e a Casa Cultural de Galicia en Elgoibar na que se informa sobre as diversas actividades da entidade centradas na celebración do Día das Letras Galegas, con pequenos artigos sobre Galicia, autores galegos, etc.

Número conservado en formato papel:

2003

Casa Cultural de Galicia en Elgoibar

Diáspora : revista da Federación de Sociedades Galegas na Suíza

Esta revista societaria foi editada para informar da situación da colectividade galega e particularmente das entidades federadas (historia, actividades, congresos, etc.). Conceden unha especial atención aos temas de Galicia, así o primeiro número está dedicado a Eduardo Blanco Amor, mentres que o número dous contén diversos artigos sobre a emigración reproducidos de «A Nosa Terra». Outros traballos versan sobre a situación da lingua galega, o sindicalismo, a crise laboral en Suíza, as pensións para os emigrantes, etc. Completan a publicación páxinas de pasatempos.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1 (fotocopias)
1997: n. 2
1999: n. 3
2004: n. 4
2005: n. 5
2006: n. 6

Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Resultados 61 a 80 de 227