Amosando 5662 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Previsualización da impresión Ver:

77 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Consello de Galiza : Boletín Oficial Informativo

Este boletín editado polo Consello de Galiza ten a finalidade de difundir as ideas defendidas por esta entidade política e expoñer os propósitos dos seus membros en materia de acción política, cultural e patriótica con referencia a Galicia. Inclúe ademais información sobre as actividades organizadas polo Consello de Galiza e as súas delegacións noutros países.

Números conservados en formato papel (fotocopias):

  • 1963: agosto; setembro-outubro
  • 1965: febreiro
  • 1966: xaneiro
  • 1967: novembro

Consello de Galiza

Informe Pro Consello de Galiza

Informe elaborado por Xosé B. Abraira durante unha viaxe que realizou a Galiza, Río de Xaneiro, Madrid, A Habana e México (1950), conservado en formato papel (fotocopias).

Consello de Galiza

Informe sobre o "movemento europeo"

Informe elaborado por César Alvajar durante a súa estadía en París sobre o "movemento europeo" e a necesidade de que Galicia se integre nel, conservado en formato papel (orixinal e fotocopia).

Consello de Galiza

Síntese informativa

Síntese informativa elaborada a modo de memoria sobre a actividade desenvolvida polo "Consello de Galiza" durante os anos 1960-1965, conservada en formato papel.

Consello de Galiza

Coro Galego Brétemas e Raiolas : No seu 5º ano de eisistencia

Esta publicación cultural está editada con motivo do quinto aniversario do Coro Galego Brétemas e Raiolas. Contén colaboracións literarias e traballos sobre diversos aspectos da cultura galega, especialmente sobre a música e os coros e inclúe artigos nos que se fan varios chamamentos á mocidade emigrante para que non esqueza as súas orixes e participe nas actividades da colectividade. A revista complétase cunha breve descrición da historia do Coro e doutras institucións culturais galegas e un programa dos actos que van ser celebrados.

Número conservado en papel:

1958: n. único (5º aniversario da institución)

Coro galego Brétemas e Raiolas

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da sociedade "Agrupación coral y artística Rosalía de Castro" de 30/03/1939, conservada en formato microfilme.

Agrupación coral y artística Rosalía de Castro

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de actas das reunións da Comisión Directiva da sociedade "Agrupación coral y artística Rosalía de Castro", conservados en formato microfilme:

  • 1939: 30 de marzo: n. 1, 5 abril: n. 2, 15 de abril: n. 3, 20 de abril: n. 4, 27 abril: n. 5, 4 de abril: n. 6, 12 maio: n. 7, 19 maio: n. 8, 1 xuño: n. 9, 8 xuño: n. 10, 15 xuño: n. 11, 3 xullo: n. 12, 10 agosto: n. 13, 19 agosto: n. 14, 21 setembro: n. 15, 29 setembro: n. 16, 5 outubro: n. 17, 26 de outubro: n. 20, 28 decembro: n. 21
  • 1940: 30 xaneiro: n. 23, 15 febreiro: n. 24, 22 febreiro: n. 25, 26 febreiro: 29 febreiro: n. 26, 7 marzo: n. 27, 4 abril: n. 29, 15 de maio: n. 30, 30 de maio: n. 31, 13 xuño: n. 32, 4 xullo: n. 33, 20 xullo: n. 34, 2 agosto: n. 35, 14 agosto: n. 36, 20 agosto: n. 37, 22 agosto: n. 38, 8 setembro: n. 39, 3 outubro: n. 42, 14 outubro: n. 43, 5 decembro: n. 44, 23 decembro: n. 45
  • 1941: 18 xaneiro: n. 46, 1 febreiro: n. 47, 15 febreiro: n. 48, 29 marzo: n. 49, 10 maio: n. 50, 31 maio: n. 51
  • 1942: 2 xaneiro: n. 52, 17 marzo: n. 53, 24 marzo: n. 54, 7 abril: n. 55, 2 maio: n. 56, 20 xuño: n. 57, 3 agosto: n. 58, 30 agosto: n. 59, 3 novembro: n. 60, 20 novembro: n. 61

Agrupación coral y artística Rosalía de Castro

Coral Galega Os Rumorosos

Este fondo consta da seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Carta mecanografada de José Ares Miramontes (1957)
Carta manuscrita de Ramón Otero Pedrayo (1958)
Recorte de prensa no que se anuncian os gañadores dos Xogos Florais do Idioma Galego (1968)
Recorte de prensa no que se anuncia a traducción ao galego da epopeia arxentina "Martín Fierro" (1978)
6 programas de actuacións (fotocopias)
5 partituras musicais (fotocopias)
2 fotografías de actuacións da coral (fotocopias)

Conservada en formato CD:

1 número da revista "Alalá"

Coral galega Os Rumorosos

Resultados 841 a 860 de 5662