Amosando 145 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega América Folletos
Previsualización da impresión Ver:

Folleto con "Cantigas Galegas"

Documento mecanografado con motivo da "IV Confraternización de Xeracións Galego-Bahianas", coas cantigas compiladas polo centro a partir da contribución dos homenaxeados, conservado en formato papel.

Centro de Estudos Galegos de Salvador de Bahia

Disertación "Concepción Arenal : vigencia de su humanismo en la hora presente"

Folleto que recolle a disertación "Concepción Arenal : vigencia de su humanismo en la hora presente" de Fernando Bayardo Bengoa no acto organizado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no Parafinfo da Universidad de la República con motivo do Día das Letras Galegas de 1970.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Programa de acto cultural

Folleto editado pola Casa de Galicia de Montevideo co programa cultural deseñado en celebración do 64º aniversario social para o día 23/10/1981, conservado en formato papel.

Casa de Galicia de Montevideo

Folleto polo Día das Letras Galegas

Folleto co currículo de Úrsula Heinze e o programa elaborado para o Día das Letras Galegas de 1997 polo "Centro de Estudos de Língua e Cultura Galegas" (CELGA) da Universidade Federal da Bahía (UFBA), coa colaboración da Sociedade Cultural Caballeros de Santiago, conservado en formato papel.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Instituto Argentino de Cultura Gallega

1 díptico co programa de actividades a realizar no Salón Castelao pola homenaxe a Murguía no 50º aniversario do seu pasamento no 27/09/1973 coa signatura AE/Arxentina/foll5
1 díptico co catálogo de publicacións de Edicións Galicia (década 1970)
1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 2 de xullo ao 2 de agosto de 1987, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires
1 folla voandeira co programa do "Cursillo sobre historia de Galicia" impartido por Alfonso Vázquez Monxardin do 28 de setembro ao 21 de outubro de 1987 no Teatro Castelao e recorte de prensa co anuncio
1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 29 de xuño ao 25 de xullo de 1988, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires, coa signatura AE/Arxentina/foll3
1 díptico co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do 19 ao 28 de xullo de 1990, en colaboración co Centro Galicia de Buenos Aires
1 folla voandeira co programa de actividades das Jornadas Patrióticas Gallegas do ano 1990
1 tríptico co programa xeral da actividades culturais a realizar no Teatro Castelao do 20 de abril ao 6 de decembro de 1996

Instituto Argentino de Cultura Gallega

Folleto do 8º aniversario

Folleto editado en 1941 polo "Círculo Villagarcía de Arosa" con motivo do seu 8º aniversario, conservado en formato dixital.

Asociación Villagarcía de Arosa

Folletos "Tu salud nos importa"

Folleto e tríptico de difusión dos servicios asistenciais ofrecidos pola Casa de Galicia de Montevideo, conservados en formato papel.

Casa de Galicia de Montevideo

Folleto de "O fidalgo"

Folleto sobre a representación teatral "O fidalgo" organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada na Sala Valle Inclán do Centro Gallego de Montevideo o día 17 de xuño de 1989 baixo o auspicio da "Unión de Sociedades Gallegas".

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folletos de Misa

Folletos coa liturxia da Santa Misa editados polo "Patronato da cultura galega de Montevideo".

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto da exposición de Manuel Otero

Folleto sobre a exposición de Manuel Otero organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada entre o 11 de xuño e o 2 de xullo de 1993.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto da festa dos maios

Folleto sobre a festa dos maios organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada en novembro de 1994.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Folleto da xornada "Inquedanzas"

Folleto sobre a xornada "Inquedanzas" en prol da presencia da cultura galega no futuro organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada en 1995.

Patronato da cultura galega de Montevideo

Resultados 81 a 100 de 145