Amosando 247 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega A Coruña (Provincia)
Previsualización da impresión Ver:

33 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Correspondencia recibida

Correspondencia recibida pola sociedade "Unión Residentes de Dodro" durante os anos 1940-1947, conservada en formato microfilme e dixital.

Unión Residentes de Dodro

Acta de constitución da entidade

Acta de constitución da "Sociedad hijos de Prevediños y sus contornos" de 04/09/1921, conservada en formato microfilme e dixital.

Sociedad hijos de Prevediños y sus contornos

Centro Noya-Rianxo, Asociación Civil

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Estatutos de 1987 (fotocopias)
1 partitura musical (fotocopias)
3 números da revista "As Rías Baixas"
1 número do boletín "Centro Noya Rianxo" (fotocopias)
1 número do boletín "Centro Noia-Rianxo : boletín"

Conservada en formato dixital:

1 partitura musical

Centro Noya - Rianxo, asociación civil

Noela : Revista de la Sociedad del Partido Judicial de Noya

Esta revista societaria foi editada con carácter anual para informar aos socios da entidade editora das súas actividades sociais, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia.

Números conservados en microfilme:

  • 1941 (abril)
  • 1942 (abril)
  • 1943 (abril)
  • 1944 (abril)
  • 1945 (abril)
  • 1946 (maio)
  • 1947 (maio)

Hijos del partido judicial de Noya

Vida carnotana : Boletín oficial del Centro social de recreo y cultura "Hijos del ayuntamiento de Carnota"

Boletín oficial editado pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Carnota para informar aos seus socios das actividades da sociedade, aparecendo noticias do seu concello natal e de Galicia.

Número conservado en formato microfilme:

  • 1943: n. 8

Números conservados en formato dixital:

  • 1943: n. 8
  • 1949: n. 15

Hijos del ayuntamiento de Carnota

Acta de constitución da entidade

Acta constitutiva da sociedade "Parroquias Unidas del Ayuntamiento de Rianjo" do día 30/09/1934, conservada en formato microfilme e dixital.

Parroquias unidas del ayuntamiento de Rianjo

Federación Mundial de Sociedades Gallegas : Boletín Informativo

Esta publicación pretende recoller todas as novas de interese para as comunidades de emigrantes galegos espalladas polo mundo. Contén diferentes noticias de carácter político (o estatuto de autonomía) e de interese para os galegos (validación de estudos estranxeiros, etc.); tamén inclúe lembranzas e recordos de Luis Sánchez Mosquera.

Número conservado en formato papel:

1980: n. 2

Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Tempo Galego : Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Esta xornal editado pola Secretaria xeral da Federación Mundial de Sociedades Galegas trata non só dos temas da entidade editora senón tamén de diversos aspectos da cultura galega tanto en Galicia como fóra de Galicia, cunha temática diversa como política, emigración, galeguidade, educación, etc. Ten seccións fixas como «Entre col e col» de Plácido Lizancos Santos ou «Temas Gallegos» por Juan Naya Pérez, «Micronoticias dos nosos», etc.

Números conservados en formato papel:

1982: n. 1-3
1984: n. 5-7
1985: n. 8

Federación Mundial de Sociedades Gallegas

Peña Deportivista "Aúpa Depor U.S.A."

Esta revista societaria está editada anualmente por unha peña do Deportivo en Estados Unidos, integrada maioritariamente por galegos. Editan cada número con motivo da celebración do aniversario fundacional da entidade deportiva; basicamente aporta información aos seus socios sobre este equipo de fútbol e os actos dos galegos residentes na cidade.

Número conservado en formato papel:

1998 (4º aniversario)

Peña deportivista "AUPA Depor U.S.A."

Enxebre Orde da Vieira

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Carta e enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (09/12/1996)
13 tarxetas postais de felicitación de Nadal dos anos 1982-1997
Folleto sobre a exposición da obra de Alberte Permuy na Galería Sargadelos de Madrid (1983)
4 convites
2 anagramas
Programas de actos dos Capítulos Xerais (1985-1996)
Programa de actos do Capítulo Extraordinario (1993)
2 follas con publicidade

Conservada en formato tea:

Escudo societario

Enxebre Orde da Vieira

Centro Coruñés de Buenos Aires

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato microfilme:

Libros de actas (1965-1974)

Conservada en formato microfilme e papel:

Revista "Orzán"

Centro Coruñés de Buenos Aires

Orzán : Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires

Publicación societaria, dirixida por Bieito Cupeiro, na que aparecen artigos e informacións sobre o Centro Coruñés; abundan os traballos e as colaboracións sobre Galicia e a súa historia, fragmentos literarios, principalmente poesías, relatos, anécdotas e opinións de todo tipo, ademais de numerosa publicidade.

Número conservado en formato microfilme:

1946: n. 2

Número conservado en formato papel:

1952: n. 5

Números conservados en formato dixital:

1952: n. 5
1954: n. 6
1955: n. 7
1956: n. 8

Centro Coruñés de Buenos Aires

Libros de rexistro de socios

Libros de rexistro de socios de "Hijos del Ayuntamiento de Cedeira", conservados en formato dixital:

  • Libro de rexistro: dixitalizado dende 1941 ata 1961 (38 páxinas)
  • Libro de rexistro: dixitalizado o ano 1965 (17 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Cedeira

Resultados 101 a 120 de 247