Amosando 231 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Antillas Unidade documental composta
Previsualización da impresión Ver:

13 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "El Valle de Oro", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro con 123 actas dende o 23/03/1932 ata o 24/06/1942 (200 páxinas)
  • Libro con 216 actas dende o 23/04/1972 ata 05/2003: dixitalizadas as actas ata o 25/02/1976 (50 páxinas)

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Expediente das escolas de O Valadouro e Alfoz

Expediente de doazón das escolas de O Valadouro e Alfoz, financiadas pola sociedade "El Valle de Oro", aos concellos respectivos, conservado en formato dixital e impreso.

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Memorias sociais

Memorias sociais da sociedade "El Valle de Oro", con fotografías das Xuntas Directivas, conservadas en formato dixital e impreso:

  • Memoria correspondente a 1916-1917 (31 páxinas)
  • Memoria correspondente a 1928 (43 páxinas)

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Fotografías

Fotografías realizadas durante as actividades da sociedade "El Valle de Oro", conservadas en formato dixital: Xuntas Directivas, Presidentes, escolas, festivais, etc.

El Valle de Oro. Sociedad de instrucción, protección y recreo

Regulamentos

Regulamentos da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservados en formato dixital e impreso:

  • Regulamento da Sección de Propaganda aprobado en Xunta o 16/06/1912 (3 páxinas)
  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria o 21/11/1927 (24 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Listaxes de socios

Listaxes de socios da sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservados en formato dixital e impreso:

  • Listaxe de socios do "Círculo Habanero" a 01/1912 (6 páxinas)
  • Listaxe de señores do "Círculo Habanero" a 20/02/1912 (5 páxinas)
  • Listaxe de señores con dereito eleitoral a 31/12/1920 (5 páxinas)

Círculo Habanero de La Devesa

Recortes de prensa relativos á sociedade

Recortes de prensa relativos á sociedade "Círculo Habanero de La Devesa", conservados en formato dixital e impreso:

  • El Ribadense: n. 164 (14/03/1912)
  • El Ribadense: n. 165 (21/03/1912)
  • Diario Español do 22/07/1912

Círculo Habanero de La Devesa

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libros de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Club Navia de Suarna", conservados en formato dixital e impreso:

  • Libro número 1 con 46 actas dende o 09/11/1918 ata o 30/12/1920 (79 páxinas)
  • Libro número 2 coas actas dende o 09/01/1921 ata 02/1934: só dixitalizadas ata o 25/05/1923 (79 páxinas)

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Modelos

Modelos da sociedade "Club Navia de Suarna":

Conservados en formato papel:

  • Modelo de recibí
  • Modelo de convite á xunta xeral de socios, co emblema societario

Conservado en formato dixital:

  • Modelo de autorización para inhumación no Pantéon do Cemiterio de Cristóbal Colón

Club Navia de Suarna. Sociedad de instrucción, recreo y protección

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da "Sociedad de Recreo y Beneficencia Meira y Pol", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro con 120 actas dende o 30/05/1951 ata o 06/03/1963 (271 páxinas)

Sociedad de Recreo y Beneficencia Meira y Pol

Regulamentos

Regulamentos da "Sociedad de Protección Mutua y Recreo Hijos del Ayuntamiento de Pastoriza":

Conservado en formato dixital e impreso:

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral o 30/06/1943 (43 páxinas)

Conservados en formato papel (orixinal):

  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral o 22/10/1952 (31 páxinas)
  • Regulamento aprobado en Xunta Xeral o 30/08/1973 (36 páxinas)

Hijos del Ayuntamiento de Pastoriza

Libros de actas das reunións das Asembleas de Socios

Libros de actas das reunións das Xuntas Xerais de Socios da sociedade "Hijos de Lorenzana", conservados incompletos en formato dixital e impreso:

  • Libro de actas dende o 24/04/1911 ata o 23/09/1927: só dixitalizadas algunhas páxinas
  • Libro de actas dende o 06/02/1928 ata o 23/03/1931: só dixitalizadas algunhas páxinas

Hijos de Lorenzana, Sociedad de Beneficencia y Cultura

Libro de actas das reunións da Sección de Propaganda

Libro de Actas das reunións da Sección de Propaganda da "Sociedad de Instrucción de Monterroso, Antas y Palas de Rey", máis adiante "Monterroso y Antas de Ulla":

Conservado en formato impreso:

  • Libro con 56 actas dende o 05/11/1917 ata o 30/05/1922 (164 páxinas)

Monterroso y Antas de Ulla

Libros de contabilidade

Libros de contabilidade da "Sociedad de Instrucción y Protección Progreso de Lanzós", conservados en formato dixital:

  • Libro de caixa-tesourería dende o 01/06/1913 ata o 31/05/1932 (27 follas)
  • Libro de caixa-tesourería dende o 18/02/1965 ata 1975 (26 follas)

Progreso de Lanzós

Recibos

Cheques do "Royal Bank of Canada", conservados en formato dixital e impreso.

Progreso de Lanzós

Modelos societarios

Modelos da sociedade "Unión Trivesa", conservados en formato dixital:

  • Modelo de diploma
  • Modelo de convite á reunión da Xunta Directiva
  • Modelo de solicitude de ingreso

Unión Trivesa

Recibos

Recibos de gastos da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservados en formato dixital:

  • Estado de contas do Banco Nacional de Cuba (31/05/1978)
  • Recibo de pago ao Rexistro Xeral de Asociacións do Ministerio de Xustiza de Cuba (05/06/1978)
  • Recibo de pago á "Federación de Sociedades Españolas de Cuba" (01/01/1979)
  • Modelo de recibo da sociedade "Hijos del Partido de Lalín"
  • 4 recibos de pago da cuota de socio

Hijos del Partido de Lalín

Fotografías

Fotografías da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservadas en formato dixital:

  • 1 fotografía da Xunta Directiva (anos 20-30)
  • 1 fotografía de grupo (anos 40)
  • 4 fotografías do socio Eugenio López Porral (1958-1964): no acto de imposición do Botón de Ouro e posterior banquete e acompañado doutros asociados
  • 15 fotografías en festas, banquetes e romerías (anos 50-60)
  • 1 fotografía do acto de distinción da sociedad lalinense (anos 50)
  • 4 fotografías da visita dos alcaldes de Lalín, Roeiro e Vila de Cruces (anos 90)
  • 1 fotografía do grupo de baile (1995)
  • 3 fotografías nun encontro culinario (2001)
  • 1 fotografía da Xunta Directiva (2004)

Hijos del Partido de Lalín

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas

Libro de Actas das reunións das Xuntas Directivas da sociedade "Hijos del Valle del Ulla y su Comarca", conservado en formato dixital e impreso:

  • Libro coas actas 193-337 dende o 16/08/1944 ata o 23/06/1965 (259 páxinas)

Hijos del Valle del Ulla y su Comarca

Resultados 101 a 120 de 231