Carta da "Unión de Mujeres Españolas" dirixida ao Presidente da Sociedade de Lalín en outubro de 1953 para instalos a apoiar a causa en favor dunha amnistía real.
Comunicacións e manifestos dos anos 1936-1954 dirixidos á colectividade galega en Bos Aires, aos residentes de Lalín e aos electores e afiliados da "Federación de Sociedades Gallegas".
Esta revista societaria foi editada polo Centro Lalín para informar sobre as diferentes actividades da entidade tras a fusión das diversas sociedades de emigrantes naturais da comarca do Deza e residentes en Bos Aires. O primeiro número está centrado na visita dos alcaldes dezanos a Arxentina e os diversos encontros coa colectividade emigrada, e con políticos arxentinos como o presidente Raúl Alfonsín, de raíces galegas e lalinenses. Contén noticias sobre os concellos de Lalín, Silleda e A Golada, ademais da realidade social, cultural e política galega. Esta publicación vai continúar editándose baixo outra denominación.