Amosando 92 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega Europa Cultura
Previsualización da impresión Ver:

Proxecto cultural

Carta enviada polo Presidente da asociación, Santiago Coelho Rodríguez Campo, para facer chegar a súa tarxeta e o proxecto cultural deseñado para o período 2008-2009. O AEG conserva o proxecto cultural en papel e CD.

Asociación cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago

Revista Cultural

Esta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.

Número conservado en formato papel:

1983: n. 1

Centro cultural español de Medellín

Folleto co programa de actividades

Folleto editado pola "Casa de Espanha" para dar conta das actividades desenvolvidas en novembro do ano 1993 e incorporar o programa de actos sociais, culturais e deportivos de decembro, conservado en formato papel.

Casa de Espanha de Rio de Janeiro

Programas dos "Días de Galicia en Córdoba"

Programas de actividades organizadas pola "Casa de Galicia en Córdoba" para celebrar o Día de Galicia en Córdoba:

  • 1 tríptico (1990) (220 x 105 mm)
  • 1 tríptico (1990) (213 x 97 mm)
  • 1 cartaz da 8º edición (1994) (tamaño A4)

Casa de Galicia en Córdoba

Folletos sobre I Congreso Mundial de Casas Regionales y Centros Españoles

Publicacións sobre o 1º Congreso Mundial de Casas Regionales y Centros Españoles, organizado pola "Federación española de casas regionales y provinciales" e celebrado en Salamanca os días 9 a 11 de setembro de 1988, conservados en formato papel:

  • Programa (19 páxinas)
  • Proxecto de Ponencias (78 páxinas)

Federación española de casas regionales y provinciales

Programa da Festa Galega 1991

Folleto co programa da "Festa galega : 4º aniversario" organizada pola Irmandade Galega de Sallent para os días 15 e 16 de xuño de 1991, conservado en formato papel.

Irmandade Galega de Sallent

O Noso Lar

Esta publicación societaria foi editada para conmemorar o 25 aniversario fundación da sociedade O Noso Lar de Terrassa (Barcelona). Ademais de facer un percorrido histórico polos principais fitos e actividades da entidade, conta con artigos sobre Galicia, autores galegos, etc. Hai tamén varias entrevistas a socios fundadores e directivos.

Número conservado en formato papel:

2007: 25º aniversario

Irmandade Galega O Noso Lar

Programas de actividades

Programas de actividades organizadas polo Centro Galego de Zug “A Nosa Terra” conservados en formato papel:

  • Folleto informativo do programa do Día das Letras Galegas de 1999 (16/05/1999)
  • Programa de actividades do ano 2003
  • Programa de actividades do ano 2004
  • Programa de actividades do ano 2005
  • Programa de actividades do ano 2006
  • Programa de actividades do ano 2009

Centro Galego de Zug “A Nosa Terra”

Programa cultural

Programa cultural cos actos organizados polo "Centro Gallego de Madrid" para abril de 2002, conservado en formato papel.

Centro Gallego de Madrid

Enquisas

Enquisas enviadas pola "Casa de Galicia en Córdoba" ao Arquivo da Emigración Galega:

  • "Fontes documentais das sociedades galegas" (tamaño A4)
  • "Censo cultural, Medios de comunicación" (150 x 214 mm)
  • "Censo cultural, Entidades" (150 x 214 mm)

Casa de Galicia en Córdoba

Folletos das festas galegas

Folletos co programa das festas galegas organizadas anualmente no mes de maio pola Irmandade Galega O Noso Lar de Terrassa, conservados en formato papel:

  • 16ª festa (1998)
  • 18ª festa (2000)
  • 24ª festa (2006)

Irmandade Galega O Noso Lar

Programas da festa galega celebrada en Can Mercader

Programas da festa galega celebrada cada ano pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro no parque de Can Mercader, Cornellá de Llobregat, con motivo das Letras Galegas e da Festa Maior de Cornellá, conservados en formato papel:

  • Folleto de 1995 (214 x 147 mm)
  • Folla voandeira de 1996 (215 x 156 mm)
  • Díptico de 1997 (215 x 100 mm)
  • Folleto de 1999 (215 x 150 mm)
  • Folleto de 2003 (244 x 171 mm)
  • Tríptico de 2007 (215 x 100 mm)
  • Folleto de 2007 (244 x 171 mm)
  • Cartaz de 2007 (422 x 301 mm)

Asociación Cultural Gallega Rosalía de Castro

Resultados 1 a 20 de 92