Este xornal está editado pola Real Sociedade Espanhola de Beneficência de Bahía para informar sobre o Hospital Espanhol que eles fundaron e dirixen; aparecen amplas informacións sobre servizos médicos que se ofrecen, entrevistas a facultativos e nas páxinas centrais unha completa guía médica con todas as especialidades e enderezos onde poder acudir.
Número conservado en formato papel:
1996: n. 29
Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia
Esta publicación foi editada polo Centro Español de Costa Rica para informar á colectividade española alí asentada sobre as noticias que acontecían en España e en todo o mundo (por países) (coas seccións «Noticias de Europa», «América Latina», «Política española», «España. Noticias generales»). Na portada de moitos números aparecen reproducións de monumentos arquitectónicos españois ou de destacados políticos ou prohomes da colectividade; aparecen tamén noticias sobre escritores e actos culturais. Hai que destacar o número extraordinario correspondente ao 12 de outubro de 1908 dedicado á figura de Cristóbal Colón e ao descubrimento de América. Teñen como lema da publicación «Fundado para estrechar los lazos que unen a ambos países».
Números conservados en formato papel (fotocopias):
Esta revista cultural foi editada polo Centro Cultural Español de Medellín para informar aos seus socios das actividades do centro e da colectividade española asentada no país na sección «España en Medellín». Conta tamén con numerosos artigos de carácter histórico das relacións entre España e América e tamén da cooperación actual entre ambos («España y América» e «Ensayos y Estudios», «Colombia y España»). Aparecen ademais noticias culturais, información sobre libros e conferencias, etc.
Estatutos e Regulamento Xeral do "Centro Gallego de México, Asociación Civil" aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria do día 19/11/1948, conservados en formato papel (fotocopias).
Regulamento da sociedade "Casa Galicia de Unidad Gallega", no que se establece que o se título será "Unidad Gallega de los EE. UU.", que entrou en vigor o 01/11/1943, conservado en formato papel (fotocopias).
Esta publicación societaria foi editada polo Círculo Español de Nova York, para informar aos seus socios da vida societaria da entidade (balance económico, memoria social, actividades, ...). Conta ademais con noticias sobre a situación da colectividade hispana no país, pasatempos e noticias de actualidade.
Folleto editado polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" coa separata do artigo "El Hospital de Caridad" de Alberto Reyes Thevenet publicado na memoria do Patronato do exercicio 1967/1968.
Folleto sobre a exposición de grabado de estampa popular galega organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no marco das "XIV Xornadas de Cultura Galega" e celebrada entre o 25 de xullo e o 4 de agosto de 1969.
Folleto sobre a exposición de debuxo e grabado de estampa popular galega organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" no marco das "XV Xornadas de Cultura Galega" e celebrada entre o 25 de xullo e o 5 de agosto de 1970.
Folleto sobre a representación teatral "O fidalgo" organizada polo "Patronato da cultura galega de Montevideo" e celebrada na Sala Valle Inclán do Centro Gallego de Montevideo o día 17 de xuño de 1989 baixo o auspicio da "Unión de Sociedades Gallegas".