Amosando 3 resultados

Descrición arquivística
Fondos do Arquivo da Emigración Galega La Unión Mañonesa Cuba Sepulcros
Previsualización da impresión Ver:

Correspondencia mantida con motivo do Cemiterio de Mañón

Correspondencia mantida entre a sociedade "La Unión Mañonesa" con motivo do Cemiterio de Mañón, conservada en formato dixital e impreso:

  • Carta enviada polo cura párroco de Mañón, Gerardo Mouzo Casal, informando das necesidades da parroquia e solicitando axuda económica (1925)
  • Circular enviada aos socios de A Habana pola Comisión organizadora Pro-Cemiterio en Mañón con motivo da construcción do cemiterio (05/03/1926)
  • Carta enviada polo Delegado da sociedade en Ortigueira, José Fernández Maseda, acerca da financiación do cemiterio (15/05/1926)
  • Carta enviada polo Secretario da sociedade, Francisco Seoane, ao Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad (16/05/1933)
  • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, acerca dos doantes do cemiterio (29/05/1933)
  • Carta enviada polo Presidente do Comité Pro-Cemiterio en Mañón, Francisco Penabad ao Secretario da sociedade, Francisco Seoane, cun informe económico (16/08/1933)
  • Carta enviada polo comercial da empresa de mármores, bronces e granito, J. Pennino co orzamento (21/02/1934)

La Unión Mañonesa

La Unión Mañonesa

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel (orixinal):

Regulamento xeral (1912)
Regulamento da Delegación de Mañón (1916)
Diposicións para a orde interior do colexio (1918)
Regulamento do Panteón (1957)

Conservada en formato dixital e impreso:

21 cartas entre a sociedade e a Delegación en Mañón (1923-1933)
4 cartas entre a sociedade e a Delegación de Ortigueira (1926-1927)
1 carta entre a sociedade e a sociedade "Luz de Riveras del Sor" (1926)
1 carta entre a sociedade e a sociedade "Agrupación Artística Gallega" (1933)
7 cartas relativas ao Cemiterio de Mañón (1925-1934)
3 cartas entre a sociedade e o Comité de Sociedades Españolas de A Habana (1926-1927)
4 cartas entre a sociedade e a Directiva da Federación Agraria de Ortigueira (1926-1927)
1 carta entre a sociedade e a Comisión Organizadora Pro-Monumento a Leandro Pita Sánchez-Boado (1927)
9 cartas entre a sociedade e o apoderado da sociedade na cidade de A Coruña (1926-1929)
4 cartas recibidas (1926-1933)
1 carta entre a sociedade e Julio Dávila (1930)
1 carta entre a sociedade e José Zumalacárregui (1930)
5 cartas enviadas (1926-1933)

Conservada en formato dixital:

Libro de rexistro de socios (1938-1947)

La Unión Mañonesa