Memorias

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos xerárquicos

Memorias

Termos equivalentes

Memorias

Termos asociados

Memorias

126 Descrición arquivística resultados para Memorias

126 resultados directamente relacionados Exclude narrower terms

Federación de instituciones españolas en el Uruguay : Memoria de actividades

Esta publicación societaria foi publicada como libro-memoria da entidade editora, onde se nos presentan as sociedades e os directivos que forman parte de dita federación, ademais das diversas actividades organizadas por eles.

Números conservados en formato papel:

[1991]
2011
2016

Federación de instituciones españolas de Uruguay

Memoria do ano 1917-1918

Edición facsimilar da memoria do ano 1917-1918 da sociedade "Casa de España en Santo Domingo" publicada pola Fundación García Arévalo, Inc. en 1987, no momento de cumplirse o seu 70º aniversario. Inclúe o traballo de Manuel A. García Arévalo "La inmigración española y la fundación de la Casa de España en Santo Domingo".

Casa de España en Santo Domingo

Memoria y balance general

Memorias sociais publicadas polo "Hogar español de ancianos".

Números conservados en formato papel:

1989-1990
1995-1996
1999-2000
2002-2003

Hogar español de ancianos

Memoria do período 1927-1928

Memoria da "Sociedade Espanhola de Beneficência Hospital Espanhol" correspondente ao período 1927-1928 (86 páxinas), conservada en formato dixital.

Real sociedade espanhola de beneficência , Hospital Espanhol de Bahia

Enxebre Orde da Vieira

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Carta e enquisa "Fontes documentais das sociedades galegas" (09/12/1996)
13 tarxetas postais de felicitación de Nadal dos anos 1982-1997
Folleto sobre a exposición da obra de Alberte Permuy na Galería Sargadelos de Madrid (1983)
4 convites
2 anagramas
Programas de actos dos Capítulos Xerais (1985-1996)
Programa de actos do Capítulo Extraordinario (1993)
2 follas con publicidade

Conservada en formato tea:

Escudo societario

Enxebre Orde da Vieira

Orzamento-memoria das escolas

Orzamento-memoria descritiva das obras a realizar nas casas-escolas de Cerdido, Barqueira e Casares (3 páxinas), presentada polos constructores "López y Martínez" o 07/06/1931, conservada en formato dixital e impreso.

Hijos del Ayuntamiento de Cerdido

Memoria dos anos 1915-1940

Memoria da "Sociedad de instrucción y recreo Emigrados de Riotorto" correspondente aos anos 1915-1940, que inclúe transcrición de actas, balances económicos e fotografías e inclúe o emblema societario na portada, conservada en formato dixital e impreso (132 páxinas).

Emigrados de Riotorto

Documentación relativa ao Sanatorio Concepción Arenal

Documentación relativa ao Sanatorio Concepción Arenal da sociedade "Hijas de Galicia", conservada en formato papel (fotocopias):

  • Memoria publicada na Habana en 1927
  • Programa cos servizos do balneario
  • 2 recibos
  • 1 fotografía do pabellón de maternidade e cirurxía

Hijas de Galicia

Memoria

Memoria mecanografada da sociedade Casa de Galicia de Bilbao dende o ano 1926, conservada en formato papel.

Casa de Galicia de Bilbao

Carta coas enquisas "Censo cultural" e "Fontes documentais das sociedades galegas"

Carta enviada o día 04/11/1996 dende a Casa de Galicia en Santurce a María Jesús Rodríguez Galdo, Directora do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega, para remitirlle información solicitada:

  • Enquisa "Entidades" para elaborar o Censo Cultural
  • Enquisa "Medios de comunicación" para elaborar o Censo Cultural
  • Memoria sucinta con datos estatísticos a día 01/02/1995
  • Relación de actividades previstas para o ano 1996
  • Sobre co emblema societario

Casa de Galicia en Santurce

Memorias de Naturales de Ortigueira

Memorias da sociedade "Naturales de Ortigueira" dende o 24/06/1928 ata o 24/06/1964, encadernadas en formato libro (483 páxinas), con algúns erros de imprenta, conservadas en formato dixital e impreso.

Sociedad de Beneficencia y Protección Mutua Naturales de Ortigueira

Memoria da Sección de Propaganda

Memoria da Sección de Propaganda da sociedade "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", conservada en formato papel (fotocopias):

  • Memoria dende 12/1927 ata o 28/12/1928 (5 páxinas)

Liga Santaballesa de Educación e Instrucción

Documentación das escolas

Documentación das escolas da sociedade "Hijos del Partido de Lalín", conservada en formato dixital:

  • Carta enviada dende Moneixas, Lalín, relativa á construcción dunha casa-escola (30/06/1926)
  • Recibo de pago da Xunta Pro escola de Santo Tomás de Insua, no concello de Carbia (25/12/1926)
  • Carta enviada dende Insua, no concello de Carbia, para agradecer a axuda na construcción da escola na parroquia (04/01/1927)
  • Carta enviada pola sociedade "Hijos del Partido de Lalín en Buenos Aires" relativa á construcción de escolas en Lalín (22/07/1927)
  • Memoria enviada dende Lalín sobre a necesidade de construir escolas no distrito (28/07/1928)

Hijos del Partido de Lalín

El Orensano

Publicación do "Centro Unión Orensana de La Habana" xurdida no ano 2010 para recoller anualmente a memoria e balance económico do exercicio anterior.

Número conservado en formato papel:

  • 2010: n. 1

Centro Unión Orensana de La Habana

Memoria social do ano 1941

Memoria social do ano 1941 da "Sociedad de Instrucción Progreso de Coles", conservada en formato dixital e impreso:

  • Memoria do ano 1941 (10 páxinas)

Sociedad Progreso de Coles

Centro Gallego de Puerto Rico, Inc.

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel:

Enquisas Censo Cultural
Folleto "Galicia. Año Internacional del Libro 1972. Día das Letras Galegas"
Folleto "Día das Letras Galegas", Universidad de Puerto Rico (1973)
Memoria "Eco de Galicia"

Centro Gallego de Puerto Rico, Inc.

Resultados 81 a 100 de 126