Publicacións periódicas

Taxonomy

Code

Scope note(s)

Source note(s)

Display note(s)

Hierarchical terms

Publicacións periódicas

Equivalent terms

Publicacións periódicas

Associated terms

Publicacións periódicas

392 Archival description results for Publicacións periódicas

392 results directly related Exclude narrower terms

El Orensano : Periódico galego

Este xornal foi editado polo Centro Orensano para informar do labor societario da entidade e da situación da colectividade, caracterizándose polo seu enfrontamento coa Federación de Sociedades Gallegas e o proxecto de impulsar a unión das pequenas sociedades parroquiais e comarcais en centros provinciais. Presta tamén unha especial atención ás novas de actualidade política, adoptando unha clara orientación galeguista e republicana, destacando a sección «Panorama» na que se analiza a política internacional no contexto do final da Guerra Mundial e as posibilidades da caída do rexime franquista. Complétase con artigos sobre a provincia de Ourense, Galicia e a súa cultura, e diversas colaboracións literarias. Estivo dirixido por Rodolfo Prada, destacado galeguista.

Número conservado en formato microfilme:

1944: n. 1-4
1945: n. 5-28

Centro Orensano de Buenos Aires

Lar : Revista Mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad Hospital Gallego

Esta publicación societaria aborda basicamente temas de interese para os asociados (novas autoridades, servizos facultativos, memorias sociais, programa de actos, movemento de socios, etc.), ademais de contar con algúns artigos culturais e divulgativos, entre os que destaca a sección «Divulgación científica». Con motivo do Día de Galicia editan números extraordinarios, nos que colaboran numerosos intelectuais galegos con artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, as relacións hispano-arxentinas e numerosos traballos de creación literaria.

Números conservados en formato papel:

1951: n. 207/208 (orixinal) con memoria e balances do exercicio de 1950, n. 213 (fotocopias)
1953: n. 236/237 (fotocopias)

Hospital Gallego, asociación gallega de beneficencia y mutualidad

Mundo Español

Esta publicación está editada polo Club Español e podemos encadrala na típica publicación societaria que serve para informar aos asociados sobre a entidade e as diversas actividades que realiza. Contén tamén noticias sobre outras asociacións de españois residentes en Arxentina na sección «Algunas entidades españolas por dentro» e cunha relación das institucións españolas en Bos Aires. Hai outras seccións de narracións históricas como «Historias para conocer y contar» e «La España que añoramos».

Número conservado en formato papel:

1994: n. 1

Club Español de Buenos Aires

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Este fondo contén a seguinte documentación:

Conservada en formato papel e microficha:

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade dos anos 1908-1914

Conservada en formato microficha:

Libro de actas das reunións das Asembleas de Socios da sociedade dos anos 1915-1940

Conservada en formato papel:

Borrador da reforma dos Estatutos
Estatutos aprobados na Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 21/07/1946
Documentación varia sobre as escolas "Rosalía de Castro", "Bernardino Rivadavia" e "Francisco Giner de los Ríos"
Planos para acometer ampliación no Campo Social de San Isidro dos anos 1955, 1961 e sen data
Alzado da fachada do Hospital e Asilo e da Escola de Lalín
Exercicios de lingua dun alumno dunha escola fundada pola sociedade
Correspondencia recibida durante os anos 20 e 30
Balance económico dunha festa celebrada o día 12/02/1911
"Boletín informativo de la Asociación Hijos de Silleda"
Memoria elaborada por un grupo de socios descontentos ante a Comisión Directiva
Memoria e balance do exercicio 1968-1969
Xornal "Prensa Hispánica : información española"
Partitura musical dun pasodobre adicado á sociedade

Sociedad hijos de Silleda de protección mutua

Xa : Revista de Cultura Gallega

Esta publicación cultural foi editada pola sociedade cultural Xeito Novo para achegar aos galegos de Bos Aires á realidade galega. A revista estructúrase en seccións como: «Libros», «Actividade Cultural», «Música», «Idioma», «Costumbres» ou «Cine», que aproximan ao lector a diferentes aspectos da cultura galega, así como ás actividades realizadas na colectividade emigrada. Outro eixe básico é a recuperación da memoria histórica da emigración («Testimonios», «Memoria», etc.). Noutras seccións abórdanse temas como a actualidade de Galicia, a gastronomía, rutas turísticas, a emigración, etc.

Números conservados en formato papel:

1993: n. 1
1994: n. 2-4

Fundación Xeito Novo de cultura gallega

Terra : Boletín de Cultura Galega : Idearium da I.N.G. ná América do Sul

Esta publicación de carácter nacionalista foi editada pola Irmandade Nazonalista Galega, na que colaboran importantes personalidades galeguistas como Ramiro Isla Couto (director), Eduardo Blanco Amor (redactor xefe), Miguel Revestido, Xavier Insua, Arturo Carril, Vicente Risco, Castelao, etc. Contén artigos sobre a cultura e a historia de Galicia, colaboracións literarias de autores galegos e portugueses («Os nosos poetas», «Letras irmáns»), e información sobre as actividades realizadas dentro da colectividade («Da causa» e «De Nós»).

Número conservado en formato papel (fotocopias):

  • 1923: n. 5, outubro

Irmandade nazonalista galega de Bos Aires

Asociación Residentes de Mos : aniversario

Esta revista foi editada anualmente pola Asociación Residentes de Mos de Bos Aires desde 1918. A publicación inclúe a memoria de actividades e o balance económico da sociedade, ademais de artigos de temática variada como noticias do seu concello natal; entrevistas, saúdos e visitas de autoridades galegas; descricións de actos organizados; artigos divulgativos; recompilación de artigos da prensa sobre a situación galega e as relacións de España con Arxentina; informacións de interese para emigrantes (axudas), noticias sociais, artigos culturais e colaboracións literarias.

Números conservados en papel:

  • 1951: 33º aniversario
  • 1952: 34º aniversario
  • 1953: 35º aniversario

Asociación Residentes de Mos, de mutualidad, cultura y recreo

Plus Ultra : Órgano oficial de la Sociedad Española de Socorros Mutuos La Nacional

Esta publicación en español e inglés foi editada como voceiro desta sociedade para informar das súas actividades e do que ofrecen aos socios. Aparecen noticias sobre as diversas sociedades galegas da cidade.

Números conservados en formato papel:

1965: n. 1
1968: n. especial polo centenario social

Sociedad española de socorros mutuos La Nacional

Lume novo

Esta publicación podemos englobala na chamada prensa cultural, que pretende achegar o lector ao mundo da lingua e da cultura galegas a través da exposición de traballos de diversa índole, centrados primordialmente na literatura, polo que inclúe relatos, poesía, notas sobre escritores galegos. A partir do número 14 tamén se publican traballos sobre folclore, medicina popular, etc.

Números conservados en papel:

1969: n. 1-8
1970: n. 9-14
1971: n. 15-22
1972: n. 23-26

Lume novo

Centro Ayuntamiento de Rianjo

Este fondo contén a seguinte documentación conservada en formato papel:

4 folletos con motivo da celebración do Día de Rianxo (fotocopias)
3 números do boletín "Centro Ayuntamiento de Rianxo"

Centro Ayuntamiento de Rianjo

Results 181 to 200 of 392